“Galaicofobia”, o desprezo polo pobo galego

Publicado na colección Ensaio, Galaicofobia, de Alexandre Peres Vigo, afonda no coñecemento dun fenómeno tan experimentado pola sociedade galega como poucas veces nomeado: o desprezo polo pobo galego. A través das súas páxinas, o autor deita a súa ollada nos numerosos testemuños literarios que ao longo da historia mostraron as súas filias e, sobre todo, as súas fobias […]
Algunhas ideas para ler

Comezamos o mes de xuño con lecturas para todos os públicos. Ler sempre é un acerto, un acubillo e un espazo onde desenvolver a empatía, a capacidade crítica e analítica. Velaquí algunhas publicacións: DAKOTA, Premio Victoriano Taibo de Poesía, de Masha Álvarez. Unha acertada descrición da saudade, que revoga os tópicos da emigración cun revelador […]
Galaxia estará na Feira do Libro de Ourense

Hoxe comeza a Feira do Libro de Ourense, a quinta nesta nova edición, que estará aberta ata o 8 de xuño. Celebrarase no Parque de San Lázaro. Editorial Galaxia estará presente coa seguinte programación: Mércores 5 de xuño, ás 20:30 h. Un Café Candelas con… Rochi Novoa, María Doallo, Luca Chao e Celia Díaz. Conversa As […]
O debut do inspector Saladino Mariño en Galaxia

Óscar M. Guzmán debuta na colección Literaria de Galaxia con Pero… como morren as pegas?, unha obra de intriga trepidante que foi merecente do Premio de Novela Vilar Ponte 2023. Ambientada no Couto Mixto da provincia de Ourense, este libro marcado polo misterio levará ás lectoras e lectores a percorrer boa parte da provincia ourensá, e […]
Galaxia distribúe “Eugenio Montes. O intelectual silenciado”, e “Verdades como puños y consideraciones”

Editorial Galaxia vén de distribuír dúas nova publicacións: a edición facsímile de Verdades como puños y consideraciones, de Justo Taladrid Catá, publicada polo Consello da Cultura Galega, e Eugenio Montes. O intelectual silenciado, de Manuel Rivero Pérez, publicado pola Deputación de Ourense. Verdades como puños y consideraciones. Mis servicios al distrito de Vivero (1935), que conta […]
“Inimigos ás portas”, a historia de Frank López

Editorial Galaxia publica o novo libro de Bieito Alonso, Inimigos ás portas. Frank López e o anarquismo global, un material extraordinario que nos achega á figura deste personaxe histórico. Despois de gañar o Premio da Crítica de Galicia na categoría de Investigación por Anarquistas galegos en América, Alonso pon sobre a mesa este novo volume, que pon […]
Entrega do VI Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, na Pobra

A Casa da Cultura da Pobra do Caramiñal acollerá no 30 de maio, ás 12.00 horas, a entrega do VI Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro e a presentación da obra gañadora desta edición: Fóra de xogo, de José Luis Baños, ilustrado por Agustina Shuan. Esta actividade atópase ao abeiro da programación do Maio das […]
6 títulos de Editorial Galaxia son recoñecidos pola OEPLI

Un total de seis títulos de Editorial Galaxia foron seleccionados este ano no Catálogo de Literatura Infantil y Juvenil de España. Selección OEPLI 2023, unha escolma elaborada pola Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil xunto ás súas seccións territoriais, o Consejo General del Libro, ClijCat, Galtzagorri y Gálix, e en colaboración co Ministerio […]