“Paio e o Gatipedro” reivindica na Estrada o valor do folclore galego para as novas xeracións

O álbum de Milagros Torrado Cespón e Laura Pérez Delgado, publicado por Editorial Galaxia, recibiu o VI Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado nun encontro que puxo en valor o folclore galego e a lectura en familia. O Salón de Plenos do Concello da Estrada acolleu este mércores, 21 de outubro, ás 11 h, a […]
Rolda de prensa arredor de “Paio e o Gatipedro”, na Estrada

O mércores 21 de outubro, celebrarase, ás 11 h, no Salón de Plenos do Concello da Estrada, unha rolda de prensa de presentación arredor de Paio e o Gatipedro, Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado 2026, de Milagros Torrado Cespón e Laura Pérez Delgado. Acompañando as gañadoras, estarán Gonzalo Louzao Dono, alcalde do Concello da Estrada; […]
O ano de Begoña Caamaño

Editorial Galaxia fai balance das Letras Galegas 2026, un ano dedicado a recuperar e difundir o legado literario, xornalístico e persoal de Begoña Caamaño a través de novas publicacións e actividades culturais. Ao longo deste ano, a editorial puxo en valor as novelas da autora, Circe ou o pracer do azul e Morgana en Esmelle, […]
As súas voces fan medrar a nosa literatura

Este 19 de outubro, Día das Escritoras, celebramos o talento, a creatividade e a mirada das mulleres que enriquecen a literatura galega. Begoña Caamaño, María Xosé Queizán, Marilar Aleixandre, Arantza Portabales, Nerea Pallares, Cynthia Menéndez, Carmen V. Valiña ou María Quiroga son só algúns dos nomes que forman parte do catálogo de Editorial Galaxia. Autoras […]
“La bola negra” recupera o universo literario de Federico García Lorca

A obra de Federico García Lorca continúa inspirando novas creacións artísticas. A película La bola negra, dirixida por Javier Calvo e Javier Ambrossi, entrelaza as vidas de tres homes en tres épocas distintas, unidas pola sexualidade, o desexo, a dor e a herdanza. No centro desta historia atópase unha das últimas obras, inacabada, do escritor […]
Cinco historias por descubrir na Semana Mundial da Novela

A novela permítenos viaxar a outros lugares, coñecer vidas alleas e descubrir novas maneiras de mirar o mundo. Con motivo da Semana Mundial da Novela, propoñemos cinco lecturas que percorren distintos xéneros e temáticas, desde a reinterpretación dos mitos clásicos ata a intriga, o humor ou a identidade. Circe ou o pracer do azul, de […]
Marilar Aleixandre volve á poesía con “Terra baixo as uñas”

En Terra baixo as uñas, Marilar Aleixandre convídanos a percorrer lugares como Madrid e Valencia, marcados polas balas, os obuses, os alagamentos e os exilios. A través dunha escrita aberta e carnal, a autora emprende un exercicio de escavación da memoria que desenterra historias, exhuma corpos e reivindica acontecementos e nomes. O poemario forma parte […]
Presentación de “Obra dramática inédita en castelán”, en Vigo

A Fundación Penzol – Casa Galega da Cultura, en Vigo, acollerá este martes, 13 de outubro, ás 19:30 h, a presentación de Obra dramática inédita en castelán. Clara – Helena – La madreselva, de Ramón Otero Pedrayo, nunha edición a cargo de Manuel F. Vieites. A publicación recupera tres textos dramáticos inéditos de Ramón Otero […]