Cen anos arredor de “Dos arquivos do trasno”: o misterio volve neste Samaín

Neste Samaín recuperamos Dos arquivos do trasno, de Rafael Dieste, unha obra publicada por primeira vez en 1926 que celebra este ano o seu centenario. Unha ocasión para volver achegarnos aos seus relatos e aos misterios que agochan. Cen anos despois da súa publicación, Dos arquivos do trasno continúa a ser unha obra fundamental da […]
“Da soia ao grelo”: unha unión entre a tradición culinaria chinesa e os sabores de Galicia

Betty León Fong achega a tradición culinaria cantonesa aos produtos de Galicia nunha publicación que establece un diálogo entre dúas culturas gastronómicas. Editorial Galaxia publica Da soia ao grelo. Cociña galego-chinesa, de Betty León Fong, o primeiro libro de cociña galego-chinesa en galego, con prólogo de Rafa Centeno. Unha obra que achega a cultura gastronómica […]
Nerea Pallares gaña o XXX Premio Literario San Clemente por “Punto de araña”

Punto de araña, de Nerea Pallares, vén de gañar o XXX Premio Literario San Clemente na modalidade de lingua galega. O fallo deuse a coñecer este mércores, 28 de outubro, no IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. Este novo galardón súmase ao Premio García Barros 2025 e ao Premio Follas Novas do […]
Presentamos “Oversize”, en Vigo

O mércores 28 de outubro, celebrarase, ás 20 h, na libraría Cartabón, en Vigo, a presentación de Oversize, de Marta Boente. Acompañando a autora, estarán Xosé Monteagudo, escritor; e Marcos Calveiro, director de Editorial Galaxia. Oversize, de Marta Boente, é unha historia sobre o cotián, a memoria, o azar e a maneira na que aquilo que sucede […]
O Museo de Pontevedra presenta unha edición facsimilar de “Os vellos non deben de namorarse”

Hoxe, martes 27 de outubro, ás 19:00 horas, o Edificio Castelao do Museo de Pontevedra acollerá a presentación desta publicación, integrada por tres volumes que permiten achegarse aos manuscritos orixinais dunha das obras máis representativas de Castelao. O Museo de Pontevedra presenta unha nova edición facsimilar de Os vellos non deben de namorarse, a obra […]
O universo literario de Domingo Villar chega a Disney+ coa serie “Caldas. El último barco”

A adaptación de O último barco, protagonizada por Javier Gutiérrez e Hovik Keuchkerian, estrearase o 2 de decembro e levará á pantalla unha das novelas máis recoñecidas do escritor vigués. O universo literario de Domingo Villar regresa á actualidade coa estrea de Caldas. El último barco, unha miniserie de seis episodios baseada na novela O […]
As bibliotecas, espazos para descubrir, compartir e manter viva a cultura

Editorial Galaxia súmase á celebración do Día das Bibliotecas, que se conmemora cada 24 de outubro, reivindicando o papel destes espazos na difusión da lectura, no acceso á cultura e na conservación do noso patrimonio literario. As bibliotecas son moito máis ca lugares nos que atopar libros. Son espazos de encontro, aprendizaxe e descubrimento, abertos […]
Javier García Galdo regresa aos misterios do océano con “Un mar de curiosidades”

Un mar de curiosidades é o novo libro de Javier García Galdo que dá continuidade ao seu traballo de divulgación científica iniciado con Un mar de preguntas. Dúas obras ilustradas por Roque Araújo Rey, publicadas na colección Lanterna de Aristóteles. Existen unicornios mariños? Os peixes poden cantar? Hai ondas cadradas? Javier García Galdo regresa ao mundo […]