Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e das Nenas

Hoxe celebramos o Día internacional dos Dereitor dos Nenos e das Nenas, unha data dedicada a toda a cativada do mundo. Este día celebra os avances acadados, pero sobre todo é un día para dar a coñecer os dereitos na infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo benestar e […]

A Editorial Galaxia recupera tres novidades de Xosé Neira Vilas

Pertencentes á colección Biblioteca Neira Vilas e Árbore, estas novidades, que contan co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, achegan ás lectoras e lectores ao orixinal universo literario do autor de Gres. Xosé Neira Vilas é sen dúbida un dos escritores máis sobranceiros do noso […]

Catro álbumes para gozar da lectura

Na colección Álbum de editorial Galaxia publicamos catro novidades ben fermosas e orixinais, para que a cativada poida desfrutar e soñar lendo novas historias. Libros que xa están en todas as librarías de Galicia agardando ser escollidos como favoritos por cativos e maiores. Que pasaría se mesturamos queixos e o universo? Unha fusión curiosa que […]

No pasamento de Darío Xohán Cabana

Esta noite deixounos Darío Xohán Cabana, membro da RAG, escritor, tradutor e unha das persoas máis relevantes da cultura galega das últimas décadas. Aínda hai uns días saía do prelo a súa tradución derradeira na Editorial Galaxia, Xácome o fatalista que publicamos na nosa colección Literaria. Poeta delicado, coñeceu o favor do público coa súa novela […]

“Demerara” é finalista no Prêmio São Paulo de Literatura

A novela Demerara, do xornalista e escritor Wagner G. Barreira é finalista no prestixioso Prêmio São Paulo de Literatura na categoría de “Melhor  Romance de  Estreia  do Ano de 2020”, entre as 21 obras seleccionas nesta XIV edición. A Editorial Galaxia publicou o libro do autor brasileiro, traducido do portugués por Leandro García Bugarín, que rescata […]

A Editorial Galaxia recupera un clásico de Luísa Villalta

A Editorial Galaxia recupera para a súa colección de Ensaio, o clásico de Luísa Villalta, O outro lado da música, a poesía.  O libro vira a luz no ano 1999  convertíndose axiña nun texto referencial  na obra da poeta e ensaísta coruñesa finada en 2004. Eran moitas as voces que pedían a recuperación deste texto […]

O diario íntimo dunha loitadora antifranquista

Testemuño da Guerra Civil, de Isabel Ríos, é o relato íntimo dunha vida de compromiso cos demais. Está publicado na colección Memoria Histórica, xunto con Illote P, Barraca 16, de Santiago Rodríguez Salinas, que é o diario dun refuxiado español exiliado en Francia; e Mañá vén meu tio, de Sebastián Santana Camargo, un álbum infantil […]

Xesús Fraga e Miguel Anxo Seixas triunfan nos Premios da Crítica de Galicia

No día de hoxe, dous libros da Editorial Galaxia fixéronse merecentes tanto do premio de Creación Literaria como o de Ensaio. Xesús Fraga, o Premio da Crítica de Galicia 2021 pola súa novela Virtudes (e misterios). Recolleu no seu nome, Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Tamén resultou gañador na modalidade de Ensaio o […]