A cabra Lu é unha nova amiga que nos vai ensinar todo o necesario para comezar a falar en inglés, nunha clase moi divertida, con Paio, Aurelio e moita música.
Publicado na colección Álbum de Galaxia, A miña lingua a túa lingua, de Oviravai, introduce á cativada na lingua inglesa a través de ritmos moi pegadizos e rockeiros. Todas e todos poderán aprender conceptos básicos de inglés, a través do galego como lingua vehicular, divertíndose coa querida ‘teacher’ Lu, que fará que a aprendizaxe sexa moi doada.
As ilustracións de David Ouro adobian esta obra, na que poderedes acceder a todas as cancións e demáis material audiovisual escaneando o código QR que hai no interior do libro.
Este proxecto editoruse ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021-2022 da Xunta de Galicia.
Oviravai é unha compañía galega, adicada ao desenvolvemento de contidos educativos e culturais para público infantil e familiar. Os seus fundadores, Verónica Santalices e Federico Welicki, xunto con Erika Welicki Santalices e Xacob Welicki Santalices, conforman o núcleo principal dun equipo que conta con mais de 15 artistas de diversas disciplinas.Eles mesmos consideran a compañía como unha fábrica de soños. Soños que mediante personaxes como o Teixugo Paio, o Oso Aurelio, ou a Moucha Anacleta, entre moitos outros, convirten en realidade a través da música, os espectáculos e os libros.
As Andanzas de Paio (Editorial Galaxia, 2016) foi o seu primeiro libro-Cd e o lanzamento oficial do proxecto. Paio e o poder da música (Editorial Galaxia, 2018) foi un paso mais na súa consolidación como referente da música infantil en galego.
Para o ano 2022 preparan os lanzamentos de novos libros e personaxes.
O teixugo Paio, tamén voltará coa terceira entrega da súa saga. Novas aventuras e cancións nunha emocionante travesía rumbo á Praza do Obradoiro.
Sempre é bo momento para soñar. Sempre é bo momento para rir. Sempre é bo momento para cantar….Ríe, canta e soña coa familia Oviravai.