É unha compañía galega, adicada ao desenvolvemento de contidos educativos e culturais para público infantil e familiar. Os seus fundadores, Verónica Santalices e Federico Welicki, xunto con Erika Welicki Santalices e Xacob Welicki Santalices, conforman o núcleo principal dun equipo que conta con mais de 15 artistas de diversas disciplinas.
Eles mesmos consideran a compañía como unha fábrica de soños. Soños que mediante personaxes como o Teixugo Paio, o Oso Aurelio, ou a Moucha Anacleta, entre moitos outros, convirten en realidade a través da música, os espectáculos e os libros.
As Andanzas de Paio (Editorial Galaxia 2016) foi o seu primeiro libro-Cd e o lanzamento oficial do proxecto. Paio e o poder da música (Editorial Galaxia 2018) foi un paso mais na súa consolidación como referente da música infantil en galego.
Para o ano 2022 preparan os lanzamentos de novos libros e personaxes.
En A miña lingua, a túa lingua a cabra Lú vainos ensinar conceptos básicos de inglés co galego como lingua vehicular mediante músicas que farán que a aprendizaxe sexa moi doada.
O teixugo Paio, tamén voltará coa terceira entrega da súa saga. Novas aventuras e cancións nunha emocionante travesía rumbo á Praza do Obradoiro.
Sempre é bo momento para soñar. Sempre é bo momento para rir. Sempre é bo momento para cantar….Ríe, canta e soña coa familia Oviravai.