Nominados ao Premio Martín Códax da Música dous libro-discos de Galaxia

Xoán Curiel e a Banda do Verán con A casa do terror e Olga Brañas con Pitusa Semifusa e os estilos musicais son dous dos nominados na categoría de música infantil na sexta edición dos Premios Martín Códax da música. Estes premios da música galega, promovidos pola Asociación de Músicas ao Vivo nacen coa intención […]

Chega ás librarías As vidas de… Antonio Fraguas

Xosé A. Neira Cruz achéganos á vida e obra de Antonio Fraguas a través dunha biografía novelada chea de aventuras. As vidas de…Antonio Fraguas é a adaptación para os máis pequenos da historia dunha das personalidades máis importantes na literatura galega. Ao longo das súas páxinas empréndese unha viaxe no tempo na procura dunha das obras poéticas de […]

Chamádeme Simbad chega ao teatro

Chámademe Simbad, a obra para público infantil máis popular de Francisco Castro, será levada ao teatro da man da Escola Municipal de Teatro de Vigo en colaboración con Afaga (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias de Galicia). A estrea desta adaptación terá lugar o próximo luns 29 de abril no Concello […]

Tres libros de Galaxia seleccionados pola OEPLI para a Feira do Libro de Madrid

Onte soubemos que Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI) seleccionara tres obras do catálogo de Galaxia entre os títulos galegos escollidos para viaxar á Feira do Libro de Madrid que comezará o vindeiro 31 de maio. As tres seleccionadas xa fixeran parte do catálogo anual da OEPLI coas obras máis destacadas publicadas […]

Regala historias no Día do Libro

Hoxe, 23 de abril, celébrase como cada ano o Día do Libro, e que mellor forma de celebralo que regalando historias? Os libros teñen esa capacidade que semella inverosímil de conmover, alegrar, entristecer ou chegar á xente dunha forma especial. O Día do Libro non é máis que unha mostra da clara necesidade da nosa […]

Tes ata o 26 de abril para participar no Reto Lector

O vindeiro venres 26 de abril rematará o prazo para participar no Reto Lector 2019, que che da a oportunidade de converterte en todo un booktuber. Este premio está destinado a rapaces de entre 12 e 16 anos de diferentes institutos galegos. Para participar só terán que facer un vídeo de menos de dous minutos […]