Galaxia recibe dous premios na Gala do Libro 2019

O pasado sábado, 11 de maio, déronse a coñecer no Teatro Principal de Santiago de Compostela as obras gañadoras da Gala do Libro 2019. E foron dúas as obras da Editorial Galaxia galardoadas nestes premios: Natura, de Iolanda Zúñiga, na categoría de narrativa, e Memoria do corpo, de Xesús Rábade Paredes, en poesía. A Gala […]

Galaxia reafirma o seu compromiso co Autismo

Galaxia renova o seu convenio coa Asociación de Trastornos do Espectro Autista de Vigo coa intención de fomentar a inserción laboral das persoas con autismo. No ano 2017 a Editorial Galaxia sumouse ao programa Axúdalle a encaixar,  da Asociación de Trastrornos do Espectro Autista de Vigo (TEAVi), co obxectivo de brindar oportunidades no mercado laboral […]

A casa do terror gaña o Premio Martín Códax da Música 2019

Péchase a VI Edición do Premio Martín Códax co galardón a Xoán Curiel e a Banda do Verán na categoría de música infantil pola súa  obra A casa do terror. Estes premios da música galega, promovidos pola Asociación de Músicas ao Vivo nacen coa intención de dar visibilidade e recoñecer a diversidade e a calidade […]

Chega ás librarías Beleza vermella de Arantza Portabales

Mañá, xoves 9 de maio, Arantza Portabales regresa ás librarías co seu último traballo, Beleza vermella, unha novela negra que non deixará indiferente a ninguén. A súa segunda novela, Deixe a súa mensaxe despois do sinal, publicada inicialmente en galego por Galaxia e finalista do Premio San Clemente, traduciuse a outros catro idiomas: castelán, italiano, hebreo […]

Campus Morte gaña o Premio Frei Martín Sarmiento

Campus Morte, a primeira novela de Lito Vila Baleato, resultou o pasado venres a obra gañadora do XV Premio Frei Martín Sarmiento na categoría de bacharelato e adultos. Un galardón que o autor recolleu nun acto celebrado na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela. Deste xeito, o debut narrativo de Vila Baleato, […]

A noite do lobo de Abel Tomé gaña o Premio Illa Nova de Narrativa 2019

Esta tarde na Fundación Barrié de Vigo (Policarpo Sanz, 31) entregouse o Premio Illa Nova de Narrativa para menores de 35 anos convocado pola Editorial Galaxia. O gañador desta terceira edición foi Abel Tomé coa novela A noite do lobo. A obra desenvólvese nunha época remota no acervo galaico portugués pero conta con referencias actuais e […]

II Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

BASES 1º Poderán concorrer ó premio tódalas autoras e autores de calquera nacionalidade que presentaren os orixinais escritos en lingua galega (de conformidade coas Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego aprobadas pola RAG) de obras de creación literaria dirixidas a nenas e nenos de 3 a 12 anos. As obras deberán ser inéditas e […]

Mañá coñeceremos a obra gañadora do Illa Nova 2019

Mañá, sábado 4 de maio, darase a coñecer o nome do gañador ou gañadora do Premio Illa Nova 2019 nun acto que terá lugar na sede da Fundación Barrié (Policarpo Sanz, 31) ás 19:00h. Despois do éxito obtido polas dúas novelas gañadoras nos anos anteriores, A vida sinxela de Marcelo Firmamento e Senlleiras, esta terceira edición do Premio Illa […]