Xa nas librarías Mnemea de Xosé Duncan

Mnemea, miña sombra, meu reflexo, miña dona é a obra coa que Xosé Duncan chega de novo ás mesas de novidades da man da Editorial Galaxia, e desta volta na colección Literaria, despois da boísima acollida entre os lectores de Costa Oeste de As lembranzas perdidas no lago Antelväri (2018).  Mnemea é a historia dun libro que aínda está […]

Tes ata o 1 de xuño para participar no Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

O vindeiro sábado 1 de xuño rematará o prazo para participar na II edición do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro. Convocado polo Concello da Pobra en colaboración coa Editorial Galaxia e Barbantia, o Premio Carlos Mosteiro nacía o pasado 2018 con dous obxectivos fundamentais: honrar a figura do escritor finado o pasado xullo de 2017, fortemente vencellado […]

Antón Lopo recolle o Premio da Crítica Española por Extraordinario

Onte, martes 28 de maio, tivo lugar na sede de Afundación na rúa do Vilar de Santiago de Compostela un encontro arredor das obras e autores galardoados cos Premios da Crítica Española en lingua galega: a novela Extraordinario de Antón Lopo e o poemario Tempo fósil de Pilar Pallarés. O acto, organizado pola Asociación Galega […]

Un libre favor, o novo poemario de Chus Pato

Chus Pato regresa ás mesas de novidades das librarías despois de seis anos con Un libre favor, un novo poemario que ve a luz na colección Dombate. Chus Pato (Ourense, 1955) é dona dunha das poéticas máis persoais e vangardistas da poesía en lingua galega e conta cunha voz renovadora e rupturista internacionalmente recoñecida que […]

Continúan as presentacións de Sándalo

O próximo sábado 25 de maio ás 12:30h terá lugar a presentación de Sándalo, a nova obra de María Xosé Porteiro, na libraría Trama en Lugo.  Acompañando a autora estarán a artista plástica Luz Darriba, o xornalista Martín Fernández Vizoso e Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia. María Xosé Porteiro percorre douscentos anos de […]

Xa está aquí o Inspiraciencia 2019

Ábrese a novena edición de Inspiraciencia, un concurso de relatos de inspiración científica impulsado pola Delegación do Consello Superior de Investigacións Científicas en Cataluña coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, e onde a Editorial Galaxia é unha das entidades promotoras. O prazo de presentación dos relatos finaliza o 19 de […]

Antonio Fraguas: Letras Galegas 2019

Con motivo da homenaxe a Antonio Fraguas polo Día das Letras Galegas, presentamos dende Galaxia as principais novidades que se publicaron ao longo de ano arredor do autor. Antonio Fraguas. Mestre da memoria, de Malores Villanueva Gesteira é a única biografía sobre este autor destinada a un público adulto. Esta obra marca unha viaxe polo […]

Preséntase en Santiago de Compostela Beleza vermella

O pasado 9 de maio chegaba ás mesas de novidades Beleza vermella, a nova novela de Arantza Portabales. E hoxe, mércores 15 de maio ás 19:30h, estaremos na libraría Cronopios de Santiago de Compostela para asistir á súa presentación. Acompañando á autora estarán a escritora Inma López Silva e Francisco Castro, director xeral da Editorial […]