Xa está aquí o Inspiraciencia 2019

Categoría: Nova

Ábrese a novena edición de Inspiraciencia, un concurso de relatos de inspiración científica impulsado pola Delegación do Consello Superior de Investigacións Científicas en Cataluña coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, e onde a Editorial Galaxia é unha das entidades promotoras. O prazo de presentación dos relatos finaliza o 19 de xuño.
Inspiraciencia é unha iniciativa que relaciona ciencia e escritura dunha maneira lúdica, un espazo aberto para pensar e imaxinar a ciencia dende a ficción. Nace coa intención de fomentar o achegamento ao pensamento crítico a través da escritura, a transformar a ciencia nunha creación literaria. Os participantes poden presentar relatos curtos, cun máximo de 800 palabras en castelán, catalán, galego ou éuscaro, nunha das dúas categorías existentes: mozo (de 12 a 17 anos) ou adulto (a partir de 18 anos).
Como novidade desta edición, o concurso celebrará un taller en Barcelona o día 4 de xuño ás 17:00h sobre xénero e ciencia ficción a cargo de Paula Talero  e Sabela Rey, especialistas en estudos de cinema e codificación de xénero, que actualmente traballan na Delegación do CSIC en Cataluña. Está previsto que este taller poida levarse a outras cidades.
O acto de entrega de premios terá lugar en San Sebastián e contará coa colaboración especial do Aquarium Donostia-San Sebastián e do Centro de Física de Materiais CSIC / EHU. Está previsto que se celebre no Aquarium o día 6 de setembro.
Animádevos a participar!
Podes descargar as bases aquí.

Comparte nas túas redes sociais ou por email