Ana Abad de Larriva gaña o II Premio Roberto Vidal Bolaño

Reunido nas oficinas da sede da Editorial Galaxia en Vigo esta mesma tarde, un xurado composto polo dramaturgo Carlos Labraña, a actriz Mónica Camaño e o profesor Delio García Represas, e coa tamén dramaturga Raquel Castro como secretaria con voz, pero sen voto, decidiu declarar gañadora do II Premio Roberto Vidal Bolaño a obra A […]

Unha historia da música en Galicia xa dispoñible en prevenda

Ata o 27 de xuño podes mercar por 34,40 euros, cun 20% de desconto sobre o prezo orixinal (43 euros) a obra máis completa sobre a historia da música galega: Unha historia da música en Galicia. 1952-2018. Ademais, nesta opción de prevenda inclúense os gastos de envío a nivel nacional. Centos de horas de entrevistas […]

Carlos Lema escribe sobre O último barco: a “novela democrática”

No último número da revista Grial, Carlos Lema, director de Edicións desta casa, escribe sobre a “novela democrática” a propósito da publicación de O último barco, de Domingo Villar, o peche da triloxía protagonizada polo inspector Leo Caldas que xa leva máis de 10.000 exemplares vendidos en galego: “A novela é, de seu, unha representación […]

Grial Parga escribe sobre O colapso territorial en Galiza

Na sección “O espello das letras” do último número da revista Grial, Grial Parga afonda en O colapso territorial en Galiza, un ensaio no que Xosé Constenla Vega desenvolve unha serie de teses teóricas sobre a perda de complexidade no modelo territorial galego e o colapso que leva implícito. “O colapso territorial en Galiza, obra fundamentalmente teórica, […]

Prudencio Viveiro escribe sobre Golpistas e verdugos de 1936

Na sección “O espello das letras” do último número da revista Grial, o historiador Prudencio Viveiro Mogo afonda en Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo, unha proposta colectiva editada polos profesores da Universidade de Santiago de Compostela Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Míguez Macho. Baixo este título aparecen recollidos varios traballos de […]

Yolanda Castaño escribe sobre a reedición de Baleas e baleas

Na sección “O espello das letras” do último número da revista Grial, a poeta Yolanda Castaño afonda na reedición trinta aniversario de Baleas e baleas, o clásico contemporáneo de Luisa Castro: “Pasando das modas literarias, auténtica e fronte a todo construíu Luísa Castro esa poética: fusionando a cultura clásica e o banal, unha tenrura esgazada e […]

Máis de 10.000 exemplares vendidos de O último barco

Tres meses despois do lanzamento de O último barco, continúa o éxito que leva arrasando dende o minuto un arredor da terceira entrega de Domingo Villar protagonizada polo inspector Leo Caldas. Xa son máis de 10.000 os exemplares vendidos, despois de esgotarse ás 48 horas de chegar ás mesas de novidades nalgunhas librarías e tras varios […]

Ramón Nicolás escribe sobre Sándalo, de María Xosé Porteiro

O seguinte texto foi lido polo profesor e crítico Ramón Nicolás na presentación de Sándalo de María Xosé Porteiro o 30 de maio de 2019 na libraría Cartabón de Vigo.   Boa tarde. Contra o final deste libro a voz narradora afirma, literalmente, “o destino ten meandros caprichosos e non sempre se conforma co cobro […]