Na sección “O espello das letras” do último número da revista Grial, a poeta Yolanda Castaño afonda na reedición trinta aniversario de Baleas e baleas, o clásico contemporáneo de Luisa Castro:
“Pasando das modas literarias, auténtica e fronte a todo construíu Luísa Castro esa poética: fusionando a cultura clásica e o banal, unha tenrura esgazada e unha inocencia violenta, unha vulnerabilidade arrichada e algo perversa, inocencia e perda da inocencia, emoción e rudeza, crueldade e amor. A súa coidada e pulcra reedición non deixa de ser unha forma de elocuente homenaxe.”
Podes consultar a recensión ao completo aquí.