Carlos Lema escribe sobre O último barco: a “novela democrática”

Categoría: Nova

No último número da revista Grial, Carlos Lema, director de Edicións desta casa, escribe sobre a “novela democrática” a propósito da publicación de O último barco, de Domingo Villar, o peche da triloxía protagonizada polo inspector Leo Caldas que xa leva máis de 10.000 exemplares vendidos en galego:

“A novela é, de seu, unha representación democrática. Malia a reactivación modernista acontecida na primeira metade do século XX, que pretendeu conservar parte do estatus da cultura humanista en plena Idade Moderna, na novela a literatura acabou por aliarse coa industria para lograr o que sería o xénero democrático por excelencia, iso que a crítica denomina subxénero. O paradigma resultado desa alianza é a novela policial, ou novela negra. Non a novela de enigmas, estilo Sherlock Holmes, senón a que se desenvolveu primeiro en Norteamérica e se difundiu despois masivamente por todo o mundo a través da industria cultural, nomeadamente a prensa e o cinema.
Nese contexto é no que se debe inserir a obra de Domingo Villar, e dentro dela a súa novela O último barco.

Para consultar a recensión ao completo aquí.

Comparte nas túas redes sociais ou por email