Chámademe Simbad, a obra para público infantil máis popular de Francisco Castro, será levada ao teatro da man da Escola Municipal de Teatro de Vigo en colaboración con Afaga (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias de Galicia). A estrea desta adaptación terá lugar o próximo luns 29 de abril no Concello de Vigo ás 10:30 h. A presentación está destinada a un público escolar, e o aforo xa está totalmente completo. Sen embargo, nos meses de xuño e novembro, unha vez finalizada a xira para colexios, a función abrirase a todo o público para que poida asistir quen o desexe.
Chámademe Simbad (2009), clásico da literatura infantil e xuvenil en lingua galega, que conta xa con máis de 10 edicións ás costas e miles de exemplares vendidos, foi traducido a varias linguas e ten xa unha grande presenza nos centros de ensaio e nas bibliotecas. Ademais, conta tamén co recoñecemento de formar parte dende 2012 da Lista de Honra do IBBY. Pero nesta volta foi a Escola Municipal de Vigo, un dos centros de movemento cultural e difusión artística máis dinámicos da cidade, a que escolleu Chamádeme Simbad, un dos libros de maior sona na traxectoria do escritor Francisco Castro, para adaptala e levala ao teatro.
A historia de como o avó esquece todo, como fai cousas raras e como cambia o nome incluso ao seu neto, que se chama Paulo pero que para el é Simbad o Mariñeiro. Unha historia que acadou unha gran sona como ferramenta para a visibilización da enfermidade do Alzhéimer entre os máis pequenos e que trata de levar unha mensaxe clara de positividade e esperanza o máis lonxe posible.
Non dubidedes en achegarvos ao teatro nos meses de xuño e novembro para disfrutar en familia desta gran adaptación!