Tres libros de Galaxia seleccionados pola OEPLI para a Feira do Libro de Madrid

Categoría: Nova

Onte soubemos que Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI) seleccionara tres obras do catálogo de Galaxia entre os títulos galegos escollidos para viaxar á Feira do Libro de Madrid que comezará o vindeiro 31 de maio.
As tres seleccionadas xa fixeran parte do catálogo anual da OEPLI coas obras máis destacadas publicadas no estado en 2018: o álbum ilustrado Puf! Vaia peido… de Luisa Martínez Lorenzo, que segue a sorprender a lectoras e lectores de todas as idades, foi un dos escollidos nos chanzos infantís;  A formiga fóra do carreiro de Raquel Castro, un das nosas grandes apostas no teatro para o público infantil e finalista nos premios da Gala do Libro 2019 á mellor peza teatral; e, pechando a terna, A filla do minotauro de Marilar Aleixandre, Premio Raíña Lupa 2017 e tamén finalista nos premios da Gala do Libro.
Un alegría grande para a Editorial e un recoñecemento máis para algúns dos grandes nomes da nosa literatura infantil e xuvenil.

Comparte nas túas redes sociais ou por email