Convócase a II edición do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

Categoría: Nova

O Concello da Pobra do Caramiñal, en colaboración coa Editorial Galaxia e Barbantia presentan a II Edición  do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro. Este premio está destinado a rapaces de entre 3 e 12 anos, e nace coa intención de honrar a figura do escritor formetemente vencellado á vila do Barbanza, á súa actividade a á difusión da LIX. Trata tamén de incentivar a escritura en galego no público máis xoven.
Os aspirantes ao premio poderán participar cunha obra orixinal e inédita escrita en lingua galega, de calquera xénero e coa extensión habitual dos libros pensados para a literatura infantil. O gañador recibirá 1.500 euros e a súa obra será publicada no outono de 2019 na colección Árbore desta Editorial. O prazo para enviar as creacións dos rapaces remata o 1 de xuño. O fallo do xurado, que estará composto por tres persoas de recoñecido prestixio na literatura infantil, unha delas da propia editorial, darase a coñecer o 3 de xullo. As obras premiadas comprométense, ademais, a participar nos actos de promoción, así como na presentación no Concello da Pobra do Caramiñal.
A que esperas para participar?

Comparte nas túas redes sociais ou por email