Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 (2019)

      Esta empresa Editorial Galaxia participa nun proxecto de internacionalización, operación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020. Como apoio ao proceso de internacionalización, esta empresa Editorial Galaxia ten axuda concedida pola Xunta de Galicia a través de IGAPE (Programa Plan Foexga 2019-2020) cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional […]

Chegan ás librarías dous novos poemarios: Santa Morte e Óstraka

Os poetas Manuel Darriba e Luís Valle dan forma a dous novos poemarios, Santa Morte e Óstraka, onde reflexionan sobre os límites do real e desmemoria e fragmentario da vida, respectivamente. Manuel Darriba (Sarria, 1973), galardoado no 2010 co Premio González Garcés de poesía por Os indios deixaron os verdes prados, publica agora o seu novo libro, Santa Morte, da man de Galaxia. Tras […]

Dúas novelas de Galaxia finalistas do Premio San Clemente 2019

O premio San Clemente-Rosalía-Abanca inicia a súa XV edición con dúas obras finalistas na categoría en lingua galega pertencentes á Editorial Galaxia: As Ramonas, de Ana Cabaleiro, e Natura, de Iolanda Zúñiga.   Este premio conta coa particularidade de que, a pesar de que a selección dos finalistas foi realizada por un comité do que […]

O 4 de maio coñeceremos a obra gañadora do Illa Nova 2019

O vindeiro sábado 4 de maio darase a coñecer nun acto en Vigo o título da obra gañadora do Premio Illa Nova 2019. Despois do éxito obtido polas dúas novelas gañadoras en 2017 e 2018, A vida sinxela de Marcelo Firmamento e Senlleiras, nun par de semanas un novo título sumarase ao palmarés do Premio […]

Antón Lopo gaña o Premio da Crítica Española por Extraordinario

Hoxe soubemos que Extraordinario, de Antón Lopo, recibía o Premio da Crítica Española de narrativa galega. Con esta novela sobre as relacións familiares e o amor, pero tamén sobre a aprendizaxe de vivir, a identidade, a liberdade e o pracer, a Asociación Española da Crítica, a proposta da Asociación Galega da Crítica, premia a asombrosa […]

Chega ás librarías Por puntos, Premio Blanco Amor 2018

Estes días comeza a chegar ás librarías Por puntos, a novela coa que Manuel Portas venceu a pasada edición do Premio Blanco Amor organizado pola Fundación Eduardo Blanco Amor e a a Deputación de Ourense. Despois de ser presentado á prensa á pasada semana, a novela arriva ás mesas de novidades das librarías galegas e […]

Preséntase en Vigo Antonio Fraguas. Mestre da memoria

Este xoves, ás 19:30h, estaremos na Casa Galega da Cultura de Vigo para asistir á presentación de Antonio Fraguas. Mestre da memoria, a biografía do homenaxeado nas Letras Galegas 2019 que asina a profesora e editora Malores Villanueva. Acompañándoa estarán o crítico literario Ramón Nicolás; Antón Vidal Andión, presidente da Editorial Galaxia; e Abel Caballero, […]

Día do Libro Infantil e Xuvenil

O 2 de abril celebramos o Día do Libro Infantil e Xuvenil, un dos xéneros máis vivos e de maior calidade actualmente nas letras galegas. Dende Galaxia, aproveitamos para facer un repaso polas nosas últimas novidades para as lectoras e lectores máis miúdos e tamén para aqueles que están dando o salto á literatura para […]