Pelerinaxes gañadora no Festival Internacional de Cinema Paisagens de Sever do Vouga

O filme Pelerinaxes de Simone Saibene gañou o premio como Mellor Documental na segunda edición do Festival Internacional de Cinema Paisagens de Sever do Vouga (Portugal). A longametraxe Pelerinaxes, do director e produtor italo-galego Simone Saibene recibiu onte o máximo galardón na sección documental na segunda edición do Festival Internacional Paisagens de Sever do Vouga, […]
Galaxia no XIII Congreso da AEELH

A Editorial Galaxia protagonizará mañá unha das xornadas do XIII Congreso da Asociación Española de Estudos Literarios Hispanoamericanos, que terá lugar na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. No día de mañá, ás 13:00h, na Aula 8 da Facultade, a profesora, investigadora da Universidade de Santiago de Compostela, Dolores Vilavedra, estará acompañada […]
Chegan as novidades de outono!

Co arranque do novo curso, en Galaxia comezamos a preparar os que serán os títulos cos que encheremos as librarías a partir da semana que vén e durante este último treito do ano: novidades para todos os públicos e todos os gustos que non poderedes deixar de ler. Así, en Literaria é a quenda de […]
14 anos sen Manuel María, o poeta da Terra Cha

Manuel María (Outeiro de Rei, 1929 – A Coruña, 2004) poeta, narrador, dramaturgo e académico da RAG, finaba hai hoxe catorce anos deixando tras de si unha inmensa obra literaria que recobraría todo o seu esplendor o pasado 2016, cando a Academia decidiu adicarlle o Día das Letras Galegas. Con tal motivo, nese mesmo ano, […]
Cúmprense cinco anos do pasamento de Benxamín Casal

Hoxe cúmprense cinco anos do pasamento de Benxamín Casal, presidente da Editorial Galaxia ata 2013. Nado en Lugo en 1935 e finado na mesma cidade en agosto de 2013, Casal foi enxeñeiro agrónomo e economista, conselleiro de Enerxía e Industria da Xunta preautonómica entre 1978 e 1979 e deputado no Parlamento de Galicia durante a […]
Un verán de libros!

En agosto Galaxia marcha de vacacións e estaremos menos activos nas redes, pero oxalá vos acompañemos a través das vosas lecturas este verán: na praia, na piscina, no río, á sombra dunha árbore… Calquera lugar é bo para mergullarse nas páxinas dos libros! Á volta, en setembro, prometemos máis novidades, máis historias, máis aventuras, máis […]
Galaxia na Feira do Libro da Coruña

O mércores 1 de agosto arranca na Coruña a Feira do Libro que, coma todos os anos, encherá de literatura os Xardíns de Méndez Núñez durante dez días. En Galaxia, ademais agardarvos na nosa caseta con todas as novidades e un fondo amplo cos libros favoritos de lectoras e lectores, tamén organizamos algunhas actividades. E […]
Anna R. Figueiredo gaña o I Premio Viadutos de Novela

Reunido no edificio Multiusos da Xunqueira, en Redondela, o pasado luns 23 de xullo, o xurado do I Premio Viadutos de Novela decidiu declarar gañadora por unanimidade a obra Os bicos feridos que, aberta a plica, resultou ser da autoría de Anna R. Figueiredo. O xurado, composto polas escritoras Inma López Silva e Tamara Andrés, […]