Chega ás librarías Galiza no labirinto da nova política de Xoán Hermida

Estes días chegaba ás librarías Galicia no labirinto da nova política, de Xoán Hermida, un libro fundamental para entender o panorama actual da política galega. Nos últimos anos obsérvase un cambio de paradigma na política global, que, no caso do Estado español, adquiriu particularidades específicas, e onde Galicia actuou como epicentro. Neste libro titulado Galicia […]
Chega ás librarías Senlleiras, Premio Illa Nova de Narrativa 2018

Estes días chega ás librarías Senlleiras, a novela coa que Antía Yáñez gañou o Premio Illa Nova de Narrativa 2018 para autoras e autores menores de 35 anos, un libro co que a autora debuta na ficción para o público adulto. En Senlleiras unha influencer sobe unha foto ás redes sociais onde aparece unha man […]
Galaxia en Compostela o 25 de xullo

A Editorial Galaxia celebra o Dia Nacional de Galicia, 25 de xullo, con dúas presentacións dalgúns dos títulos máis sonados deste curso en Compostela. Ás 18:30h, arrincamos na Praza de Mazarelos coa presentación de Corpo de Antiochia, o último poemario de Tamara Andrés. Na celebración da Romaría dos Libros de Verán que ocupará a emblemática […]
I Premio de Novela Camiño de Santiago

1. A este premio poderán concorrer todos os autores e autoras que o desexen cunha novela escrita en castelán ou galego, conforme ás normativas establecidas, en cada caso, pola Real Academia Española e a Real Academia Galega. Os autores e autoras só poderán enviar unha obra ao concurso, que deberá ser orixinal e inédita en […]
En memoria de Manuel Antonio (Cholo) Rei Flórez, por Xavier Alcalá

Entre escritores xorde unha tendencia frecuente: a de imaxinar personaxes coas características de persoas coñecidas. Por veces, axústanse contas con compañeiros da vida dos que non gustamos. Outras, retratrátanse amigos queridos coma personaxes. Alén da desventura é unha novela chea de amigos –e non tan amigos– do século XX personificados como suxeitos do século XVIII. […]
Ana Cabaleiro gaña o Premio García Barros 2018

Reunido hoxe no concello da Estrada, o xurado do XXX Premio de Novela Manuel García Barros decidiu declarar gañadora a novela As Ramonas que, aberta a plica, resutou ser da autoría de Ana Cabaleiro. O xurado, composto por Eulalia Agrelo Costas, Carlos Lema, Armando Requeixo, Olalla Cociña e Carlos Loureiro, actuando como secreatrio, sinalou que […]
Preséntase á prensa en Compostela o I Premio de Novela Camiño de Santiago

Esta mañá, ás 12:30h, tiña lugar na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela a presentación á prensa da convocatoria do I Premio de Novela Camiño de Santiago. No acto interviron membros das distintas entidades convocantes: Xesús Palmou e Ulises Bértolo, presidente e secretario da Academia Xacobea, Manuel Fernández Pellicer, delegado en Galicia de Naturgy, Valentín […]
A Sega nomea Nosa Señora das Letras 2018 a Marica Campo

Coa elección de Antón Fraguas como figura homenaxeada no Día das Letras Galegas 2019, lembramos que plataforma de crítica literaria feminista A Sega xa dera a coñecer o pasado febreiro o nome da homenaxeada no seu Día das Galegas nas Letras, unha proposta alternativa que este ano estará dedicada á escritora María Campo. Din dende […]