Galaxia publica os DÍAS DE CUBA de Xosé Neira Vilas

Estes días chega ás librerías de todo o país o novo libro de Xosé Neira Vilas, titulado 'Días de Cuba' que a Editorial Galaxia publica na súa colección 'Memoria'. 'Días de Cuba' é unha minuciosa memoria persoal que nos traslada a un país que vive unha singular experiencia no seu devir; unha illa da América […]

Galaxia na Feira do Libro de Vigo

Un ano máis, a Editorial Galaxia produce a Semana da Música Infantil da Feira do Libro de Vigo, un evento que congregará, dende o luns 26 de maio ata o domingo 1 de xuño, todos os días ás 19 horas, ás mellores propostas musicais infantís do país. Desta volta, sumáronse á iniciativa outras editoriais galegas […]

Galicia en Europa no Ateneo de Santiago

A data non pode ser máis axeitada. O ensaísta, avogado, columnista de opinión na prensa galega, memorialista do galeguismo na posguerra, Xosé Luís Franco Grande, pronunciará esta tarde no Ateneo de Santiago, ás 20 horas, una conferencia titulada: "Repensar Galicia en Europa". A coincidencia coa xornada electoral do pasado domingo pon de especial actualidade o […]

De reflexos e continuidade

Engánchome no 2008 a unha Grial que, desde 1963, mantén a súa natureza de punto de encontro, centro divulgador, altofalante de realidades galegas e universais e tamén espello das letras. Saio sempre da lectura desta sección coa forza do diálogo vivo que alí xorde, o que unha extensa rede de colaboradores vai establecendo número a […]

Presentación de 'Marxinados' de Pepe Carballude na Estrada

Este martes, o escritor Pepe Carballude, acompañado do escritor Xosé Neira Vilas, de Carlos Mosteiro, profesor de Literatura Galega e de Francisco Castro, da Editorial Galaxia presentará o seu novo libro, publicado na colección Costa Oeste, 'Marxinados'. 'Marxinados' é unha historia fermosa e emotiva de nenos e adolescentes que viven nun centro de menores, fálanos […]

Malós Cabrera

Son ben poucos abofé os libros que na nosa lingua abordan dun xeito vivencial o embarazo e mais a maternidade, circunstancia ou estado que paradoxalmente tanto se repite e segue a estar presente no decurso das nosas vidas. Porén, e grazas a esta nova achega de Inma López Silva, a devandita precaria oferta vese felizmente […]

Xosé María Díaz Castro no catálogo de Galaxia

Contamos para iso con tres especialistas destacados: Alfonso Blanco Torrado (presidente da Asociación Xermolos de Guitiriz), Luís González Tosar e Armando Requeixo, quen recentemente leu a súa tese de doutoramente sobre o autor de Nimbos na Universidade de Santiago de Compostela. Nimbos, editado por Galaxia en 1961, e fixado definitivamente o texto do poeta na […]

17 de maio. Día das Letras Galegas

Galicia toda celebra o Día das Letras Galegas. A Galicia de dentro e a Galicia de fóra (que tamén está dentro de nós): asociacións cívicas e culturais, institucións públicas, centros docentes,escritores/as e lectores/as, medios de comunicación, editoriais, centros comerciais… Dende as aulas do Instituto Santiago Apóstol de Buenos Aires aos lectorados de Heidelberg ou as […]