Presentación de ‘Nimbos de luz’

A monografía, publicada por Galaxia coa colaboración da Xunta de Galicia, achega unha visión panorámica a xeito de fotobiografía á vida e obra de Xosé María Díaz Castro. O acto, celebrado na Academia, contou coa presenza, entre outros, do presidente desta institución, Xesús Alonso Montero; do conselleiro de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez […]

Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria de accionistas

A Editorial Galaxia convoca a Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria de Accionistas, que se celebrará en Vigo, no Salón de Actos da Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2, Vigo), o día 13 de xuño próximo ás cinco da tarde, en primeira convocatoria, ou, no seu caso, o día 14 á mesma hora, en […]

Presentación do libro XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO. NIMBOS DE LUZ

A presentación terá lugar no salón de actos da Academia, e no seu transcurso tomarán a palabra o presidente da Academia, Xesús Alonso Montero; o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad; o membro numerairo da Academia e director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes; o director dodocumental 'O instante eterno', Xosé […]

María López Sández e Francisco Castro falarán de literatura en Alemaña

O Europäisches Festival des Debütromans 2014 que se celebra en Kiel (Alemaña) é unha das citas literarias máis interesantes das que se celebran no vello continente e que convoca a escritoras e escritrores europeos para interactuar, coñecerse, participar en mesas redondas nas que falar sobre as súas obras, partillar espazos co alumnado universitario… Dende o […]

ESTAMOS NO VERÁN!!! en concerto!!!

Mañá martes será a posta de longo oficial da novela-disco do músico Xoán Curiel e a escitora Charo Pita, ‘Estamos no verán!!!, un traballo literario e musical que vai chamar poderosamente a atención de pequenos e grandes. Hai uns días estreamos a páxina en facebook (podédela atopar polo nome da novela-disco) e o primeiro dos […]

Unha fin de semana con moita música

Mañá sábado temos dúas ofertas musicais ben suxestivas relacionadas con libro-discos editados recentemente pola nosa editorial. Así, a voz de César Morán musicará e cantará a Álvaro Cunqueiro, en Lugo, nun concerto baseado no seu libro-disco dedicado a Álvaro Cunqueiro, 'Haberá primavera': Será ás 17 horas e ofreceranos un recital poético dentro do ciclo "Maio […]