ESTAMOS NO VERÁN!!! en concerto!!!

Categoría: Nova

Mañá martes será a posta de longo oficial da novela-disco do músico Xoán Curiel e a escitora Charo Pita, ‘Estamos no verán!!!, un traballo literario e musical que vai chamar poderosamente a atención de pequenos e grandes. Hai uns días estreamos a páxina en facebook (podédela atopar polo nome da novela-disco) e o primeiro dos vídeos (dende Sonárboretv, nesta mesma web). En poucas horas, medio cento de persoas xa o difundiran polas redes sociais e durante a fin de semana, case que medio milleiro de persoas vírono na nosa canle de youtube.
Ademais do proxecto musical, 'Estamos no verán!!!' é tamén un proxecto literario. O libro que acompaña ao CD de Xoán Curiel, da autoría de Charo Pita, cóntanos a historia dun grupo de amigos que, co comezo do verán, van tentar cumprir o seu soño de formar un grupo de rock and roll. Escrito en xeito de diario, conta cun traballo de ilustración sorprendente do artista Iván R.
Sen dúbida, un traballo singular absolutamente novidoso dentro da edición galega e que será estreado mañámartes, ás 12 h. no Teatro Principal de Santiago no primeiro dos concertos que se sucederán, nos meses vindeiros, polo conxunto do país.

Comparte nas túas redes sociais ou por email