BO NADAL

E libros para ler, para gozar, para sermos felices, para compartir, para sentir, para emocionarse, para vivir máis, para coñecer mundo, para estar noutros universos. Libros para ser. (Ilustración de Rodrigo Chao para o libro "O prodixio dos zapatos de cristal" de Xosé A. Neira Cruz)
Neve en Trasalba

Animámoste a dar un paseo virtual polo Trasalba nebado vendo as fotos que preparamos para ti no noso blog.
2 x 1

Cando se ten a sorte de convivir con máis dunha lingua é difícil comprender que un feito tan positivo e enriquecedor poida ser obxecto de polémicas e enfrontamentos. Vivo en Cataluña, e poucas veces escoitei á xente queixarse de que o ensino fose en catalán. Hai moitos anos que empregan a súa lingua nos centros, […]
Isto non é o que parece

En maior ou menor medida, os músicos estamos todos tolos. Patoloxicamente falando. A min díxomo o meu psiquiatra, e el disto sabe moito, porque é psiquiatra. Pero tamén porque é músico. En certa ocasión, xa un pouco afectados por demasiadas noites seguidas de xira, algúns compañeiros de Lamatumbá e mais eu decidimos recrear aquela foto […]
A mirada desafiante

Confésome sensible ao peso insoportable das metáforas terribles. Iso pásame por considerar a poesía un contacto íntimo, carnal, coa realidade; por considerar a responsabili – dade social anterior ao feito da creación artística; por considerar calquera acto de xustiza un acto poético. Préstame esa poesía paradoxal que é palabra que estoura en imaxes e palabra […]
Poeta: oficio ou cualificativo?

Nun recente simposio, un autor español mozo declaraba que “o poeta debe ser o faro da sociedade” e eu non me podía sentir menos identificada. De feito, penso que a herdada mitificación e aínda miStificación da poesía, ven sendo a orixe de moitos prexuízos e estereotipos que aturamos os e as que nos dedicamos a […]
PATOLOXÍA

Coma tódalas sociedades, a nosa tamén ten o seu propio malestar na cultura. Unha patoloxía: padece (pathos) da lingua (logos). Freud falou da “patoloxía das comunida- des culturais” e alertounos contra a idea de extrapola-la psicanálise do suxeito ás comunidades. Así e todo, poñendo esta prevención por diante, ¿poderiamos dicir que a cultura galega é […]
A VIDA

Os que me coñecen saben ben do moito que gusto das sentenzas tiradas da música, en especial do rock and roll. É o que temos os músicos frustrados metidos a escritores. Coido que en todos os meus libros hai unha cita de Lennon, entre outros músicos. Neste comezo do ano, quero facer outro tanto, e […]