A mirada desafiante

Categoría: Opinión

Confésome sensible ao peso insoportable das metáforas terribles. Iso pásame por considerar a poesía un contacto íntimo, carnal, coa realidade; por considerar a responsabili – dade social anterior ao feito da creación artística; por considerar calquera acto de xustiza un acto poético.

Préstame esa poesía paradoxal que é palabra que estoura en imaxes e palabra que estorba á sociedade da imaxe, esa poesía que é diálogo e reflexión fronte á sociedade do espectáculo que actúa en quebranto do diálogo e da reflexión.

Se a realidade desafiante propón, a mirada desafiante dispón. Se a realidade é a pregunta, a “poética” dunha escritura militante sería unha boa resposta.

 
 

Comparte nas túas redes sociais ou por email