PATOLOXÍA

Categoría: Opinión

Coma tódalas sociedades, a nosa tamén ten o seu propio malestar na cultura. Unha patoloxía: padece (pathos) da lingua (logos). Freud falou da “patoloxía das comunida- des culturais” e alertounos contra a idea de extrapola-la psicanálise do suxeito ás comunidades. Así e todo, poñendo esta prevención por diante, ¿poderiamos dicir que a cultura galega é unha cultura neurótica porque busca satisfaccións substitutivas á pulsión reprimida da súa libido dominandi? Se cadra certo grao de paranoia había completar ese cadro clínico.

A neurose exprésase nun sentimento de culpabili- dade, de insatisfacción por non “ter o que cómpre ter”, por non ser abondo querido por quen seica ten a autoridade, a cultura española (ou a protuguesa, ou a europea). A paranoia amosa os síntomas dunha exacerbada sensibilidade á menor mención das súas carencias.

¿Debería a cultura galega, pola contra, aspirar a ser unha cultura esquizofré- nica? Como dicía Gilles Deleuze, “O esquizofrénico mantense no límite do capitalismo: é a súa tendencia desenvolvida, o excedente de produto, o proletario e o anxo exterminador”.

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Comparte nas túas redes sociais ou por email