Murakami: primeiro en galego

O novo libro de Haruki Murakami, titulado Do que estou a falar cando falo de correr, sae en galego publicado por Editorial Galaxia. A tradución, feita directamente desde o xaponés por Mona Imai e Gabriel Álvarez Martinez, estará nas librerías galegas primeiro ca edición en castelán, tal como aconteceu con Tras do solpor, a súa […]

A OEPLI selecciona 4 libros de Galaxia para a Bienal de Ilustración de Bratislava

Para a Bienal de Ilustración de Bratislava, a OEPLI seleccionou 15 libros de todo o Estado, dos cales 4 están publicados por Editorial Galaxia. Falamos de "Eu tamén son fonte", de Teresa Moure, ilustrado por Leandro Lamas, que tamén deu lugar a unha exposición itinerante que agora percorre o país e na que se implicaron […]

O premio máis fermoso

Onte, nun fermoso acto no que participaron os gañadores das últimas edicións do Premio Arcebispo San Clemente, a escritora Anxos Sumai recolleu o galardón pola súa novela Así nacen as baleas. Durante o transcurso do acto, multitudinario e cálido, o director do Rosalía de Castro e promotor do certame, Ubaldo Rueda, anunciou que se está […]

Éxito arrollador de Murakami en Compostela

As colas para recibir a sinatura do autor nipón eran unha festa de xente. Homes e mulleres de todas as idades, lectores entregados á prosa poderosa de Murakami, gardaron cola pacientemente para conseguir a súa sinatura neste libro editado por Galaxia e que ve primeiro a luz no estado antes que a versión en castelán. […]

Grande éxito de Xerardo AgraFoxo en Noia

Nun escenario que recreaba unha estación de tren, para transmitir ao público presente a idea das viaxes que enchen a vida e a obra do autor, ocuparon os seus bancos Alberto Piñeiro, coordinador de Barbantia, Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, Rosa Aneiros, escritora, e o autor, Xerardo AgraFoxo. Carlos Lema presentou a obra […]

Presentación da Biblioteca ESAD Textos

Este acto para os medios de comunicación contou coas seguintes intervencións: Marisol López Martínez, secretaria xeral de política lingüística, Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e Manuel F. Vieites, director da Escola Superior de Arte Dramática. En colaboración coa ESAD e coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de FP e […]

Fin de semana para a poesía

Como todos os 21 de marzo a(r)marémonos de versos para levar mellor o mundo. Consideraremos o tamaño exacto da realidade tentando metelo dentro dunha metáfora. Perseguiremos sílabas e música entre as liñas dunha frase inspirada. Volveremos sobre os libros dos poetas que nos emocionaron. Diremos, como Neruda, que confesamos que vivimos. Como Celso Emilio Ferreiro, […]

153 anos dun Banquete fundacional

Un 27 de marzo, pero do ano 1856 e por iniciativa de Aurelio Aguirre, celebrábase en Compostela o Banquete de Conxo, un evento que dalgunha maneira viña mudar a maneira de entender a cultura galega que loitaba por espertar dun sono escuro que xa duraba séculos. Estamos en pleno Rexurdimento, e figuras como Pondal non […]