153 anos dun Banquete fundacional

Categoría: Nova

Un 27 de marzo, pero do ano 1856 e por iniciativa de Aurelio Aguirre, celebrábase en Compostela o Banquete de Conxo, un evento que dalgunha maneira viña mudar a maneira de entender a cultura galega que loitaba por espertar dun sono escuro que xa duraba séculos.
Estamos en pleno Rexurdimento, e figuras como Pondal non dubidan en acudir ao que en principio ía ser un xantar de confraternización entre obreiros, artesáns e estudantes de Santiago e rematou sendo un símbolo polo cambio e a afirmación galega que ía causar un profundo escándalo nas mentes "benpensantes" da Compostela máis tradicional e tradicionalista. Aurelio Aguirre pronunciou un discurso e Eduardo Pondal recitou uns versos.
Desde aquela, unha data para a autoafirmación e para a lembranza de que sempre estamos no camiño da cultura propia e da lingua de nós.

Comparte nas túas redes sociais ou por email