Fin de semana para a poesía

Categoría: Nova

Como todos os 21 de marzo a(r)marémonos de versos para levar mellor o mundo.
Consideraremos o tamaño exacto da realidade tentando metelo dentro dunha metáfora.
Perseguiremos sílabas e música entre as liñas dunha frase inspirada.
Volveremos sobre os libros dos poetas que nos emocionaron.
Diremos, como Neruda, que confesamos que vivimos.
Como Celso Emilio Ferreiro, que cando o silenzo chamaba polas verbas, eu xa te chamaba.
A poesía.
Necesaria.
Sempre.

Comparte nas túas redes sociais ou por email