Éxito arrollador de Murakami en Compostela

Categoría: Nova

As colas para recibir a sinatura do autor nipón eran unha festa de xente. Homes e mulleres de todas as idades, lectores entregados á prosa poderosa de Murakami, gardaron cola pacientemente para conseguir a súa sinatura neste libro editado por Galaxia e que ve primeiro a luz no estado antes que a versión en castelán. Haruki Murakami recoñeceu a súa impresión pola acollida que se lle estaba a dispensar en Galicia nesta presentación do seu libro por parte de Galaxia. Relaxado e contento, soubo satisfacer, coa súa intervención, as ganas que tiñan todos os seus admiradores de escoitalo e saber máis sobre o seu universo literario.

Nun salón cheo ata os topes, o escritor xaponés destilou entrega desde o primeiro momento, explicando a orixe da súa vocación literaria e desgranando algunha das claves deste seu novo libro.

Outro dos participantes no acto, o director do Instituto Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda, quixo tamén recoñecer o esforzo e o bo traballo realizado pola editorial Galaxia neste traballo de edición deste novo libro de Murakami, recoñecemento que foi correspondido por todos os presentes cun sentido aplauso.

Foi un serán e unha noite para non esquecer.

Comparte nas túas redes sociais ou por email