Un agosto literario

Durante este verán, Editorial Galaxia ten previstos unha serie de actos literarios, tanto no marco da Feira do Libro da Coruña como fóra dela. ACTOS DE GALAXIA NA FEIRA DA CORUÑA – Sábado 1 de agosto, ás 19.30 h. Presentación de O Museo da Inocencia, de Orhan Pamuk. Conversa arredor das novidades traducidas para o […]
O hospital das palabras

Nai e Pai sempre pensaran que a literatura era un microcosmos de emocións e silencios, un espazo acolledor para a pausa e a reflexión, un acubillo contra o acoso do ruído, un lugar de tránsito entre a certeza e os soños, unha gándara aberta onde as palabras adquiren o poder de transformaren a realidade. […]
O ensino do portugués entre nós

Cando un mira para a Estremadura non deixa de ollar con certa envexa o pulo que o ensino da lingua portuguesa nos centros de ensino foi adquirindo co paso do tempo. A vontade de superar vellas barreiras e de ollar cara a un mundo no que o plurilingüismo, o coñecemento mutuo e o respecto á […]
Un home que cumpriu co seu deber

Onte, no Museo Verbum-Casa das Palabras de Vigo, inaugurouse a mostra homenaxe a Ramón Piñeiro 'Olladas no futuro' que despois do seu arranque o pasado mes de Maio en Lugo está a percorrer as principais cidades galegas. Interviu en primeiro lugar o director do museo, Rosendo Covelo, quen definiu a Piñeiro como "un dos homes […]
No 25 de Xullo, Galicia.

Como cada 25 de Xullo -data fundamental para Galaxia pois un día coma ese do ano 1950 nacía este proxecto editorial- reflexionamos sobre o que somos, sobre o que fomos e sobre o que queremos ser. O País enteiro ínzase de verbas de amor á patria e da necesidade de coidar o que nos significa […]
Luz Pozo Garza, premio Ramón Piñeiro 'Facer País'

Luz Pozo Garza foi a gañadora da oitava edición do premio Ramón Piñeiro 'Facer País', que promoven a Asociación Val de Láncara e outras agrupacións culturais de Sarria e do val do Neira, xunto co Concello de Láncara, o Club Unesco-Sarria e o colexio publico Ramón Piñeiro. A escritora lucense foi seleccionada por un xurado […]
Finou Antonio Pérez Prado

Hoxe todos os medios de comunicación galegos coinciden unanimemente no lamento pola morte do intelectual galeguista Antonio Pérez Prado (1926), un home que foi ponte, e casa amable de acollida, dende Buenos Aires, de persoeiros como Blanco Amor, Luis Seoane, Dieste, Lorenzo Varela ou Neira Vilas, así como con outros fillos de Galicia en tempos […]
Libros de Galaxia en Google

As cifras de interesados nos libros galegos de Editorial Galaxia a través de internet (buscador Google) seguen subindo. Non tanto as visitas, que no mes de xuño foron 45.305, bastante por debaixo da cifra record do mes de abril (178.466), coma os clics con enlace de compra, que no mes de xuño foron 259 (un […]