Feliz 2011

Para este ano 2011 desexamos que veña cheo de libros e de palabras lindas, de historias nas que atopar emocións e, xa que logo, máis ganas de ler. Porque sabemos que a nosa capacidade de amar a lectura é contaxiosa e porque devecemos por 'infectar' a cantas máis persoas mellor. Porque sabemos, tamén, que non […]

Presentación de UN SOÑO NA BANDEXA en Poio

Este martes presentarase en Raxó, no Concello de Poio, o libro de Marine Lorenzo Corcoba, Un soño na bandexa, recentemente publicado na colección Tartaruga e que está a ter un éxito clamoroso tanto de crítica como de público nos moitos actos que xa se celebraron, tanto abertos á cidadanía como en colexios, arredor desta tenra […]

Balbino, medio século contando

Hoxe cúmprese medio século da publicación na Arxentina de ‘Memorias dun neno labrego’, a novela que converteu a Xosé Neira Vilas no autor máis lido da historia da literatura galega, superando xa os 600.000 exemplares vendidos desta obra protagonizada por un neno de aldea, 'un ninguén' como rezan as primeiras liñas da obra. Na nosa […]

Ángel Llanos na presentación do seu libro

O día de onte foi importantísimo na vida longa e fecunda do fotógrafo Ángel Llanos, de quen a nosa editorial onte presentou o libro 'Ángel Llanos, fotógrafo' escrito por Xerardo González Martín. Ata última hora non sabiamos se o gran mestre ía estar compartindo con nós o instante da saída á luz do seu legado […]

Galaxia no Culturgal

Dende este venres e ata o domingo, Editorial Galaxia desenvolverá todo un mollo de actos pensados para todo tipo de públicos. Espectáculos de maxia, actuacións musicais, faladoiros con escritores e escritoras… todo un conxunto de actividades que convertirán Pontevedra no centro cultural do noso país. De seguido, o calendario preparado pola nosa editorial: Venres 26 […]

Presentación de O IMPOSIBLE DE DESATAR na Coruña

Este xoves Iván García Campos presenta a novela gañadora do Premio Blanco Amor 2010, 'O imposible de desatar'. No acto intervirán, canda o autor, o tamén escritor e xornalista Camilo Franco, e o director literario de Galaxia, Carlos Lema. Con 'O imposible de desatar' Iván García Campos inicia a súa andaina literaria cunha obra da […]

A saúde do sector cultural galego

Pasada unha semana, é tempo de facer balanzo do Culturgal, a recuperada Feira das Industrias Culturais, escaparate da edición, o audiovisual e a música galega que este ano se celebrou na cidade de Pontevedra coa satisfacción unánime do sector e o compromiso firme de continuidade. "Despois do éxito desta edición, ninguén pode dubidar que haberá […]

Contoplanet camiño das 1000 descargas

Hoxe venres fará unha semana que están dispoñibles na AppStore a aplicación Contoplanet que supón a posibilidade de descargar cinco contos en galego do noso catálogo para iPad e iPhone. O arranque ten sido realmente espectacular, pois durante a ponte da Constitución, a aplicación xa fora descargada en máis de trinta e cinco países, sendo […]