Contoplanet camiño das 1000 descargas

Hoxe venres fará unha semana que están dispoñibles na AppStore a aplicación Contoplanet que supón a posibilidade de descargar cinco contos en galego do noso catálogo para iPad e iPhone. O arranque ten sido realmente espectacular, pois durante a ponte da Constitución, a aplicación xa fora descargada en máis de trinta e cinco países, sendo […]
'Que me queres, amor?' sairá en chinés

O libro de contos de Manuel Rivas, 'Que me queres, amor?' vai aparecer proximamente en mandarín da man da editorial Xangai 99 que realizará unha tirada de 8000 exemplares. O libro, Premio Torrente Ballester 1995 e Premio Nacional de Narrativa 1996, xa coñece traducións a vinte e cinco linguas diferentes. As dezaseis narracións que compoñen […]
Lectura dixital

A lectura dixital é xa unha realidade, e ao mesmo tempo, un debate aberto sobre o futuro dos medios de comunicación, as técnicas de transmisión do coñecemento e as destrezas dos seres humanos diante do saber e a cultura. Como se di na Carta do Editor, citando ao sociólogo americano Neil Postmann, unha cultura que […]
Ola, ola, la!

O teatro Coliseo Noela, de Noia, acollerá o sábado 20 de novembro ás 18.30 horas a primeira función de Ola, ola, lá! Este espectáculo será conducido polo conxunto Mamá Cabra, ben coñecido polos nenos e nenas galegos, e está destinado ao público entre os 4 e os 8 anos. Ritmo e electricidade a dar voltas […]
Presentación de PEL CON PEL en Moaña

Este sábado, e dentro dos actos que Fedegalma organiza arredor da defensa da Lactación Materna, presentarase o libro 'Pel con pel' coa participación, recitando os seus textos, de tres dos autores do libro: Ledicia Costas, Eduardo Estévez e Marta Dacosta. O libro é resultado da colaboración entre Fedegalma e a nosa editorial e amosa, ademais […]
Entrega do Premio Repsol a Xurxo Sierra Veloso

O escritor Xurxo Sierra Veloso facíase merecente desta edición do Premio de Narrativa Breve Repsol, hai uns meses e pola súa novela 'Os fíos' que vén de saír do prelo hai uns días. No seu momento, o voceiro do xurado destacou "a ironía, a pulida e traballada narrativa do autor, a orixinalidade no tratamento literario, […]
Presentación das NOVAS RECEITAS DA COCIÑA DE LARPEIROS

Despois do éxito enorme obtido co seu anterior receitario, preséntase por fin en sociedade e chega ás librerías o segundo libro do popular cociñeiro Benigno Campos. Neste 'Novas receitas da cociña de larpeiros' imos atopar toda unha enorme proposta de pratos e sobremesas para satisfacer os padais máis esixentes. Neste caso, ademais, vai co engadido […]
Presentación do libro ÁNGEL LLANOS, FOTÓGRAFO

Estae tarde presentamos o libro de Xerardo González Martín, 'Ángel Llanos, fotógrafo'. No acto participan Víctor Freixanes, director xeral de Galaxia, Mercedes Llanos, filla de Ángel Llanos, Fernando Ramos, xornalista, e o autor, Xerardo González Martín. O volume abarca toda a súa traxectoria fotográfica, o que na práctica significa case que cen anos da historia […]