Novas árbores para os máis pequenos

¡Un can no piso!, de Fina Casalderrey, con ilustracións de Kristina Sabaite, e Matías, un pito de campionato, de María Canosa, ilustrado por David Soler, son dous novos títulos da colección Árbore "Os Duros" protagonizados por un can e un pito, respectivamente, que soñan con cousas ben interesantes: que os queran, por suposto, pero tamén […]

O soño (re)dirixido

Estes días chegará ás librerías de toda Galicia o novo volume de relatos de Vítor Vaqueiro, 'O soño (re)dirixido', un mollo de textos que van permitirnos recuperar o Vítor Vaqueiro máis auténtico enfrontado a algúns dos seus temas clásicos: o papel do poder nas nosas vidas, a inevitalibidade do destino, o tempo… O título é […]

Un home impuntual

Estes días chega ás librerías de toda Galicia un novo álbum ilustrado por Manuel Pizcueta a partir dunha historia, curiosa e sorprendente, de Pepe Cáccamo na que reflexiona arredor do tempo, dende o humor e a retranca, a partir dun personaxe que ten a enorme "virtude" de chegar sempre tarde a todas partes. Cáccamo atrévese […]

Presentación de NUNCA TE VIN CHORAR

Ateigado de xente, o Café Moderno de Pontevedra foi onte o escenario perfecto para o acto de presentación en sociedade da última novela de Miguel Suárez Abel, quen estivo acompañado na mesa por Xaime Toxo, presidente do Ateneo pontevedrés, Víctor F. Freixanes e Fina Casalderrey. O editor Víctor F. Freixanes fixo un percorrido pola traxectoria […]

Autores e autoras galegos no LITVI

Hoxe dá comezo, dende Estella (Navarra), unha viaxe que vai traer a Compostela unha serie de escritores e xornalistas xa non só galegos senón doutras latitudes internacionais e do resto do estado español dentro do marco do 'Encontro Internacional de Literatura de Viaxes' que, a partir do día 20, e durante unha semana, estará centrado […]

A FAMA, de Daniel Kehlmann, premiada en Francia

Esta fin de semana coñeciamos que a novela, recentemente publicada por Galaxia , 'A fama' de Daniel Kehlmann vén de recibir o Premio Cévennes á mellor novela europea, un prestixioso galardón que está patrocinado por "Le Monde des livres", o máis importante suplemento de libros de Francia. Outro dos finalistas era Jean-Philippe Toussaint, de quen […]

A Galicia de Montevideo. Unha biografía de Xesús Canabal

Estes días irá chegando ás librerías de todo o país o novo libro do escritor, libreiro e editor galego Manuel Losa Rocha, A Galicia de Montevideo. Unha biografía de Xesús Canabal (1897-1985), na que o autor, ao tempo que repasa a vida a vida deste emigrante ao Uruguai e o seu fundamental papel como empresario […]

'O diario de Carlota' chega ao cine

Un dos títulos emblemáticos da colección Costa Oeste, 'O diario vermello de Carlota' de Gemma Lienas, chega o mes que vén ás salas de cine de toda España nunha película protagonizda por Andrea Ros, Lorena Mateo e Maxi Iglesias, actores coñecidísimos grazas ao seu traballo en distintas series da televisión no estado español. A fita […]