Bernardino Graña ingresa na RAG

O acto terá lugar este sábado 12 de xuño, ás 12.00 h, no Auditorio de Cangas do Morrazo. O escritor Bernardino Graña lerá o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega, titulado "Contos populares e Rosalía". O discurso de resposta correspóndelle a Ramón Lorenzo. Bernardino Graña (Cangas do Morrazo, 1932) traballou como catedrático de […]
NUNCA TE VIN CHORAR

Será mañá martes, ás 20.00 h, nun acto no Café Moderno no que o autor estará acompañado por Víctor F. Freixanes e Fina Casalderrey. A nova novela de Miguel Suárez Abel leva o lector desde Alemaña ás selvas e cidades de Colombia. A historia de Wilson Valderrama está dividida entre as arelas por mellorar a […]
Novas árbores para os máis pequenos

¡Un can no piso!, de Fina Casalderrey, con ilustracións de Kristina Sabaite, e Matías, un pito de campionato, de María Canosa, ilustrado por David Soler, son dous novos títulos da colección Árbore "Os Duros" protagonizados por un can e un pito, respectivamente, que soñan con cousas ben interesantes: que os queran, por suposto, pero tamén […]
O soño (re)dirixido

Estes días chegará ás librerías de toda Galicia o novo volume de relatos de Vítor Vaqueiro, 'O soño (re)dirixido', un mollo de textos que van permitirnos recuperar o Vítor Vaqueiro máis auténtico enfrontado a algúns dos seus temas clásicos: o papel do poder nas nosas vidas, a inevitalibidade do destino, o tempo… O título é […]
Un home impuntual

Estes días chega ás librerías de toda Galicia un novo álbum ilustrado por Manuel Pizcueta a partir dunha historia, curiosa e sorprendente, de Pepe Cáccamo na que reflexiona arredor do tempo, dende o humor e a retranca, a partir dun personaxe que ten a enorme "virtude" de chegar sempre tarde a todas partes. Cáccamo atrévese […]
Presentación de NUNCA TE VIN CHORAR

Ateigado de xente, o Café Moderno de Pontevedra foi onte o escenario perfecto para o acto de presentación en sociedade da última novela de Miguel Suárez Abel, quen estivo acompañado na mesa por Xaime Toxo, presidente do Ateneo pontevedrés, Víctor F. Freixanes e Fina Casalderrey. O editor Víctor F. Freixanes fixo un percorrido pola traxectoria […]
Autores e autoras galegos no LITVI
Hoxe dá comezo, dende Estella (Navarra), unha viaxe que vai traer a Compostela unha serie de escritores e xornalistas xa non só galegos senón doutras latitudes internacionais e do resto do estado español dentro do marco do 'Encontro Internacional de Literatura de Viaxes' que, a partir do día 20, e durante unha semana, estará centrado […]
A FAMA, de Daniel Kehlmann, premiada en Francia

Esta fin de semana coñeciamos que a novela, recentemente publicada por Galaxia , 'A fama' de Daniel Kehlmann vén de recibir o Premio Cévennes á mellor novela europea, un prestixioso galardón que está patrocinado por "Le Monde des livres", o máis importante suplemento de libros de Francia. Outro dos finalistas era Jean-Philippe Toussaint, de quen […]