A FAMA, de Daniel Kehlmann, premiada en Francia

Categoría: Nova

Esta fin de semana coñeciamos que a novela, recentemente publicada por Galaxia , 'A fama' de Daniel Kehlmann vén de recibir o Premio Cévennes á mellor novela europea, un prestixioso galardón que está patrocinado por "Le Monde des livres", o máis importante suplemento de libros de Francia. Outro dos finalistas era Jean-Philippe Toussaint, de quen tamén hai pouco publicamos 'Fuxir'.

A novela de Kehlmann está a gozar dunha excelente acollida por parte dos lectores e lectoras e, como se comproba, tamén pola crítica, o que refrenda, máis aínda, o noso compromiso á hora de traer aos grandes autores contemporáneos do momento para a lingua galega.

Comparte nas túas redes sociais ou por email