Estes días irá chegando ás librerías de todo o país o novo libro do escritor, libreiro e editor galego Manuel Losa Rocha, A Galicia de Montevideo. Unha biografía de Xesús Canabal (1897-1985), na que o autor, ao tempo que repasa a vida a vida deste emigrante ao Uruguai e o seu fundamental papel como empresario e activo galeguista, se nos repasa en profundidade o papel fundamental que na Galicia exterior desenvolveu a comunidade galega de Montevideo. O libro será presentado o vindeiro mércores na librería Couceiro de Santiago de Compostela.
Despois de Catro historias de emigrantes', Manuel Losa continúa, con esta nova publicación, profundando nun aspecto da historia do noso país, o traballo dos emigrados en América, nomeadamente no Uruguai, contribuindo así a explicar moito mellor quen somos os galegos e galegas do século XXI, herdeiros, tamén, de todos os que tiveron que facer Galicia dende fóra.