Conversa con Rogelio Groba

O acto celebrado no auditorio Reveriano Soutullo contou coa presenza do autor, Manrique Fernández, e do protagonista do relato, Rogelio Groba, así como do director xeral de Galaxia, Víctor Freixanes, e do alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla. Diabolus in música é un libro de conversas que repasa a vida de Rogelio Groba, incidindo na […]

Libros de texto para o século XXI

O ano pasado, a nosa editorial tiraba do prelo os libros de 1º e 3º da ESO da asignatura de Lingua Galega e Literatura, dous volumes que sorprenderon positivamente entre o profesorado do noso país xa non só polo seu tratamento pegado ao currículo oficial, a súa aposta pola oralidade a través dos audios, senón, […]

Presentación de UN POZO MOI FONDO na Estrada

Este xoves continúa a xeira de presentacións dunha das obras que máis están chamando a atención nos últimos meses. Referímonos á obra do doutor José Luis Iglesias Diz, 'Un pozo moi fondo. Anorexia, bulimia e outros transtornos da conduta alimentaria'. Neste caso, estaremos na Estrada, ás 20.30 no Museo do Moble e da Madeira. Participan […]

Faleceu en Buenos Aires o pintor Manuel Cordeiro

Ás 18 horas, horario arxentino, do xoves día 10 de maio faleceu no hospital do Centro Galego de Buenos Aires o pintor Manuel Cordeiro Monteagudo. Era o derradeiro supervivinte da xeración que participou no Primeiro Congreso da Emigración Galega (Buenos Aires, 1956). Nacera na Coruña en 1927; formouse con Vales Villamarín e chegou emigrante ás […]

Contos arredor do microondas

Un vello bibliotecario contacontos está a facer as delicias de todos os públicos co espectáculo, creado por Merlín Comunicación e Adarme Visual, para o programa falaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística, "O Señor das dunas". Estamos diante dun espectáculo dirixido a grandes e pequenos no que o narrador divaga sobre diversas historias mentres que […]

'Un pozo moi fondo' presentouse na Estrada

(As fotos son cortesía da revista www.catrogatos.com) Onte pola tarde no Museo do Moble e da Madeira (MOME) o Doutor Jose Luis Iglesias Diz, médico no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago na unidade de pediatría e profesor asociado de Ciencias da Saúde, presentou o seu libro 'Un pozo moi fondo. Anorexia, bulimia e outros trastornos […]

Hoxe "O Pulso da Terra" en TVG2

Esta noite, ás 22.45, a segunda canle da TVG emitirá o directo que acompaña a biografía, escrita por Fernando Neira, 'Berrogüetto. O pulso da terra' e que publicamos hai uns meses, con grande éxito de público e crítica. Todos aqueles que non teñan o libro, que ademais do directo que hoxe pasará a TVG 2 […]

Chega ás librerías 'Castelao na luz e na sombra'

Chega o Día das Letras Galegas e, con el chega tamén a obra, certamente monumental (en contidos, en profundidade, mais tamén en extensión) que Valentín Paz-Andrade dedicou á figura de Castelao e que titulou 'Castelao na luz e na sombra'. A obra vira a luz no xa afastado 1982, cando Paz-Andrade xa tiña máis de […]