Hoxe "O Pulso da Terra" en TVG2

Categoría: Nova

Esta noite, ás 22.45, a segunda canle da TVG emitirá o directo que acompaña a biografía, escrita por Fernando Neira, 'Berrogüetto. O pulso da terra' e que publicamos hai uns meses, con grande éxito de público e crítica.
Todos aqueles que non teñan o libro, que ademais do directo que hoxe pasará a TVG 2 leva tamén o audio, poderán facerse unha idea da intensidade da actuación e, xa que logo, dun grupo que Neira soubo levar ao papel nunha edición da que estamos especialmente orgullosos.

Comparte nas túas redes sociais ou por email