Libros de texto para o século XXI

Categoría: Nova

O ano pasado, a nosa editorial tiraba do prelo os libros de 1º e 3º da ESO da asignatura de Lingua Galega e Literatura, dous volumes que sorprenderon positivamente entre o profesorado do noso país xa non só polo seu tratamento pegado ao currículo oficial, a súa aposta pola oralidade a través dos audios, senón, tamén, polo complemento dixital que todos os profesores recibían cun CD onde, ademais das programacións didácticas e os solucionarios, recibían un Xerador de Exames que permite toda clase de combinacións entre unidades e partes das mesmas, e un mollo de case que 150 Recursos e Actividades Interactivas autocorrixibles que permiten, así, completar a través das pizarras dixitais ou os computadores, o proceso de ensinanza-aprendizaxe.
Desta volta, saen os libros de segundo e cuarto da ESO, quedando así completa toda a nosa oferta ao tempo que, nun par de semanas, estará dispoñible unha Plataforma Educativa dende a que o profesorado que use os nosos libros poderá traballar on-line os contidos do programa, acceder aos Recursos e Actividades Interactivas e, en definitiva, tirarlle todo o proveito que, dende o ámbito dixital, as novas tecnoloxías poñen á disposición de toda a comunidade educativa.

Comparte nas túas redes sociais ou por email