Velaí vén o maio

Chámase Manoliño. A fotografía chéganos da outra beira do Atlántico, dende a Galicia arxentina: neto ou bisneto de galegos emigrantes que continúan a memoria da lingua e manteñen viva a cultura dos devanceiros. E velaí o maio, "de flores cubierto", como cantaba Curros. Nas terras do hemisferio sur o mes significa a entrada no outono […]
Editorial Galaxia, premio Mestre Mateo

O sábado pola noite celebrouse no auditorio do Palexco da Coruña a gala de entrega dos Premios Mestre Mateo 2011. A editorial Galaxia, xunto a Moombite, Ánxeles Abelleira e o Instituto Galego de Consumo, estaban nominados na categoría de Mellor Obra Interactiva polo proxecto 'Area fai seis'. A obra, escrita por Araceli Gonda e ilustrada […]
Presentación do GRIAL 193: Valentín Paz-Andrade, Isaac Díaz Pardo, emprendedores

Este xoves presentamos un novo número da Revista GRIAL. Será na Casa Galega da Cultura de Vigo nun número dedicado ás figuras de dous dos emprendedores que máis teñen feito polo desenvolvemento, dende o raíz mesmo do galego, do noso país: Isaac Díaz Pardo e Valentín Paz-Andrade. No acto participarán o codirector da revista e […]
Antía Cal, Premio Trasalba 2012

A Fundación Otero Pedrayo entregará á pedagoga Antía Cal Vázquez (A Habana, 1923) o Premio Trasalba, que se concede anualmente o derradeiro domingo do mes de xuño a una persoa vencellada ao galeguismo e á difusión da cultura galega. En xuntanza ordinaria, atendendo as diversas propostas recibidas e conforme dispoñen os estatutos, o equipo de […]
Presentación de DIABOLUS IN MUSICA en Ponteareas

O acto terá lugar hoxe venres, ás 20:30 h, no Auditorio Reveriano Soutullo, e contará coa participación de Salvador González Solla, alcalde de Ponteareas, Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Rogelio Groba, músico, e o autor, Manrique Fernández. Haberá unha actuación do Trío Cassadó (violín, chelo e piano). Rogelio Groba é instrumentista, director, pedagogo […]
Presentación de UN POZO MOI FONDO

Participan Francisco Castro, editor, Nieves Herrero, vogal de ABAGAL (Asociación de Bulimia e Anorexia de Galicia), e o autor, o doutor José Luis Iglesias Diz. Un pozo moi fondo pretende ser unha guía útil para as familias, os docentes, e os propios doentes, para saber como enfrontarse aos trastornos da conduta alimentaria. Nunha linguaxe clara […]
Homenaxe a Xavier Rodríguez Baixeras

A Homenaxe "O/A Escritor/a na súa Terra", que cada ano impulsa a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chega neste 2012 a súa XVIII Edición recaendo, por decisión da Asemblea de Socias e Socios, na figura de Xavier Rodríguez Baixeras (na foto de Andrea Costas para o libro 'Cociñando ao pé da […]
Xavier Alcalá publica 'Verde Oliva'

Estes días estamos a rematar o proceso de produción da nova novela de Xavier Alcalá, 'Verde Oliva', un relato real arredor dunha axente do movemento 26-J. O autor constrúe o seu relato arredor de Mariana, personaxe baseada na vida de Juana Maseda Sanmartín, muller que viviu a revolución da illa caribeña dende o interior como […]