O acto terá lugar hoxe venres, ás 20:30 h, no Auditorio Reveriano Soutullo, e contará coa participación de Salvador González Solla, alcalde de Ponteareas, Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Rogelio Groba, músico, e o autor, Manrique Fernández. Haberá unha actuación do Trío Cassadó (violín, chelo e piano).

Rogelio Groba é instrumentista, director, pedagogo e, sobre todo, compositor. O seu incansable traballo entre as liñas do pentagrama deixou un froito innegable, a súa versatilidade compositiva levouno a crear un catálogo que sobrepasa os seiscentos títulos. Óperas, sinfonías, un réquiem, cantatas, oratorios…

‘Diabolus in musica’ é un libro de conversas que repasa a súa vida, os seus afáns como músico, a súa visión do mundo e da cultura. A función social da música, a educación musical e a relación do compositor coa súa Terra.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR