Este xoves presentamos un novo número da Revista GRIAL. Será na Casa Galega da Cultura de Vigo nun número dedicado ás figuras de dous dos emprendedores que máis teñen feito polo desenvolvemento, dende o raíz mesmo do galego, do noso país: Isaac Díaz Pardo e Valentín Paz-Andrade.
No acto participarán o codirector da revista e director xeral de Galaxia, o escritor Víctor F. Freixanes, o presidente do Consello da Cultua Galega, Ramón Villares, Uxío Labarta, Fernando Salgado e Alfonso Paz-Andrade.
Dende a ficha na web da revista podes descargar de balde o Sumario, a carta do Editor, un traballo de Henrique Monteagudo e Serafín Alonso Pintos arredor da lusofonía e a Conversa con Ramón Lugrís.