O sábado pola noite celebrouse no auditorio do Palexco da Coruña a gala de entrega dos Premios Mestre Mateo 2011. A editorial Galaxia, xunto a Moombite, Ánxeles Abelleira e o Instituto Galego de Consumo, estaban nominados na categoría de Mellor Obra Interactiva polo proxecto 'Area fai seis'.
A obra, escrita por Araceli Gonda e ilustrada por María Noel Toledo, resultou gañadora. As dúas, na compaña de Nava Castro, presidenta do Instituto Galego de Consumo e do editor Francisco Castro, subiron a recoller o galardón. En nome de todo o equipo falou este último, quen dedicou o premio 'á memoria de Xaime Isla Couto e de todos os que, coma el e Ramón Piñeiro, Otero Pedrayo e Paco del Riego axudaron a facer este país'.
Rematou a súa intervención pedíndolle ás autoridades políticas 'que non deixen morrer este país'.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR