Presentación de O PEIZOQUE ROQUE

Este mércores, coa participación da autora, Dores Tembrás, e o ilustrador, Xosé Tomás, acompañados polo editor e escritor Francisco Castro, presentaremos, dentro do marco da Feira do Libro da Coruña, o libro 'O peizoque Roque', un fermoso álbum que vimos de publicar na nosa colección Os Duros. Segundo promete a autora no seu blogue, vai […]

Presentouse O PEIZOQUE ROQUE na Coruña

A carpa que acolle as presentacións de libros na Feira da Coruña quedou pequena para acoller o público que se achegou a acompañar a Dores Tembrás e Xosé Tomás na presentación, canda o escritor e editor Francisco Castro, do libro 'O peizoque Roque'. A expectación foi tanta que, rematado o acto, autora e ilustrador tiveron […]

Sinaturas e música na Feira da Coruña

Seguen os actos organizados pola Editorial Galaxia na Feira do Libro da Coruña. E a actividade non cesará durante a fin do semana. Así, este domingo, o escritor e director xeral da nosa editorial, Víctor F. Freixanes estará asinando exemplares da súa novela 'Cabalo de ouros' dende ás 19 horas. E unha hora máis tarde, […]

Ler no verán. Pensar no verán

Cando principian as vacacións, adoitan aparecer en distintos e moi diversos foros, recomendacións literarias de cara a encetar o tempo de calor cun libro nas mans. E iso está moi ben. Mais, polo xeral, adóitase, dende as revistas literarias aos suplementos dos xornais, enfocar esta cuestión apostando por lecturas lixeiras e de corte evasivo. O […]

Obradoiros literarios dirixidos a mulleres

A Fundación Otero Pedrayo organiza durante os meses de outubro e novembro, catro Obradoiros Literarios que gravitarán arredor da figura de don Ramón. Dirixidos a quen gusta de escribir e centrados no libro de Otero Pedrayo, 'Historia dun neno', as asistentes, en xornadas de venres e sábado, asistirán a, por unha banda, un Obradoiro de […]

Antón Seoane revisa a historia recente da nosa música

O músico Antón Seoane, un dos fundadores de Milladoiro, ultima nestes días a publicación do libro-disco 'Do Voces Ceibes a Milladoiro' que verá a luz contra finais do ano ou primeiros do ano que vén, e no que se ocupará de analizar polo miúdo, como protagonista en primeira persoa que foi, unha época que é […]

Conversas con Simbad

Mañá xoves, ás 18:30 h, na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil da Coruña, terá lugar este coloquio co escritor Francisco Castro arredor do seu libro Chamádeme Simbad, en conmemoración do Día Internacional de Alzheimer, que se celebra este venres día 21. O acto está enmarcado dentro das actividades do programa "Biblioteca en Acción" e será […]

Unha Aula Virtual para un ensino do século XXI

A finais do curso pasado presentamos a Aula Virtual de Editorial Galaxia, unha ferramenta para complementar o ensino da lingua e literatura galegas. Daquela, amosabamos unha serie de mostras para que o profesorado e alumnado galego se fixese unha idea de como funcionaba. Agora, son xa moitos e moitas os que están a gozar desta […]