Souberon ricos os "Bicos de música" na Coruña

Como xa acontecera en Santiago e no Culturgal, a expectación e afluenza de público grande e miúdo para escoitar a Mamá Cabra, foi enorme. As instalacións da FNAC herculina quedaron pequenas para acoller tanta xente como se achegou a escoitar en directo algúns dos traballos presentes no novo traballo discográfico e audiovisual do popular grupo […]
Sinatura de Xosé Monteagudo

Este martes, a partir das 20:00 h, o escritor Xosé Monteagudo estará na librería Cronopios (rúa Frei Xoán de Navarrete, 5, Pontevedra) para conversar cos seus lectores e asinar exemplares da súa nova novela, O curioso mundo das persoas normais. O autor deUn tipo listo, Premio García Barros 2009, debrúzase nesta nova novela na realidade […]
Entrega do Premio García Barros 2012

A Estrada convertirase este vindeiro venres no centro de atención do mundo literario galego coa entrega do XXIV Premio de Novela Manuel García Barros que publica a nosa editorial. Persoeiros procedentes do mundo da cultura, e de distintos ámbitos sociais reuniranse no Teatro Principal para facerlle entrega ao escritor Santiago Lopo do Premio desta edición, […]
O FUTURO É POSIBLE en Pontevedra

Mañá martes, ás 20:00 h, terá lugar na Casa das Campás a presentación do libro que recolle as memorias políticas de Emilio Pérez Touriño, O FUTURO É POSIBLE. O acto, organizado por Galaxia e o Ateneo de Pontevedra, contará coas intervencións de Víctor F. Freixanes, Damián Villalaín e Emilio Pérez Touriño, expresidente da Xunta de […]
O PEIZOQUE ROQUE na Coruña

Este venres, na Biblioteca Infantil e Xuvenil da rúa Durán Loriga da Coruña, presentaremos o libro de Dores Tembrás, 'O peizoque Roque', ilustrada por Xosé Tomás. Autora e ilustrador participarán nun acto no que o fermoso paxariño cobrará, de novo, vida, entre as poéticas liñas dunha historia de amor ás palabras e de agarimo pola […]
Hoxe comeza o Congreso Valentín Paz-Andrade

O Congreso Valentín Paz-Andrade, organizado pola Real Academia Galega (RAG) en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e o Concello de Pontevedra, analiza desde hoxe e ata o sábado 15 a vida e a obra do escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012. Intervirán biógrafos do homenaxeado, como Charo Portela, Tucho […]
Emilio Pérez Touriño presentou o seu libro en Ourense

Onte foi en Ourense onde o expresidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, acompañado do profesor Xosé Ramón Quintana Garrido e do director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, presentou as súas memorias políticas tituladas "O futuro é posible". Como xa aconteceu nas outras presentacións celebradas, o público non quixo perder a visión, privilexiada, […]
María Fumaça e Mamá Cabra, de xira por Galicia

Os libro-discos-dvd 'Bicos de Música' de Mamá Cabra e o proxecto María Fumaça están arrasando polo país enteiro e converténdose nun dos agasallos predilectos para estes días nos que os libros non deben faltar debaixo da árbore. E para este tempo de vacacións de Nadal, dende a Editorial Galaxia argallamos unha xira de concertos que […]