Souberon ricos os "Bicos de música" na Coruña

Categoría: Nova

Como xa acontecera en Santiago e no Culturgal, a expectación e afluenza de público grande e miúdo para escoitar a Mamá Cabra, foi enorme. As instalacións da FNAC herculina quedaron pequenas para acoller tanta xente como se achegou a escoitar en directo algúns dos traballos presentes no novo traballo discográfico e audiovisual do popular grupo de música infantil.
No noso blogue deixamos unha pequena mostra, en vídeo, do ambientazo que o pasado sábado, a pesar de ser festivo, conseguiuse nas instalacións da FNAC.
Alí cantou todo o mundo. E os bicos (de música), souberon deliciosos.

Comparte nas túas redes sociais ou por email