125 aniversario de Otero Pedrayo

Na Casa Grande de Cima de Vila, en Trasalba, reuniranse un total de 125 rapazas e rapaces. Estudantes do CEIP Mestre Vide de Ourense, do CEIP Ramón Otero Pedrayo de Amoeiro e do IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcía de Arousa. As pequenas e pequenos, con idades comprendidas entre os 10 e os 12 anos, […]

A terceira edición de María Fumaça xa bota lume por todo o país

A locomotora de música e alegría que é María Fumaça chegou xa á terceira edición en pouco máis de tres meses, sendo un dos libros galegos con máis forte acollida polo público dos últimos anos, manténdose, semana a semana, entre os máis vendidos do país case que dende o instante mesmo do seu lanzamento. Así, […]

Presentación de 'Queer-emos un mundo novo', de Teresa Moure en BUEU

Organizado pola Asociación Cultural para o Debate Ricardo Gómez Buceta, este venres ás 20 horas, presentarase este libro de Teresa Moure na Sala Amalia Domínguez Búa de Bueu. "Queer-emos un mundo novo" pretende recoller a potencia subversiva da teoría "queer" para a aplicar ás categorías lingüísticas contemporáneas. "Queer" transcende calquera intento de redución, racha co […]

Xa dispoñible o facebook do Centenario Francisco Fernández del Riego

O 7 de xaneiro pasado, coincidindo cos cen anos que cumpriría Francisco Fernández del Riego, botamos a andar un blog específico que recolle traballos seus, opinións de quen o coñeceu, textos de investigación, reseñas bibliográficas e, en definitiva, todas aquelas referencias e novas relacionadas coa efeméride. Onte, botamos a andar na rede social do facebook […]

Sempre en Galiza

Saiu do prelo o venres pasado e irá anegando aos poucos, coa luz de sempre, o inmorrente ensaio de Castelao, sen dúbida o máis importante da historia da cultura galega, 'Sempre en Galiza', as librerías todas de Galicia. Un libro que é máis ca un libro. É un símbolo da cultura e dun país. Unha […]

Xeórxicas do pan

Hai moitísimos documentos de Ramón Otero Pedrayo depositados na Fundación Penzol, entre outros, tres versións diferentes do poema, 'Xeórxicas do pan'. Eses textos, tanto pola súa extensión como pola súa altura literaria confirman a Otero como un dos grandes poetas do seu tempo. Estes días tiramos do prelo, na Biblioteca Otero Pedrayo, este libro, en […]

Presentación de O FUTURO É POSIBLE en Vigo

Galaxia presentará o libro, co autor, Hixinio Beiras Cal e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, hoxe xoves, ás 20 h, na Casa do Libro de Vigo. Emilio Perez Touriño (A Coruña, 1948) reúne en arredor de 450 páxinas semblanzas e documentos da súa experiencia política, tanto como secretario xeral do PSdeG-PSOE dende […]