Xa dispoñible o facebook do Centenario Francisco Fernández del Riego

Categoría: Nova

O 7 de xaneiro pasado, coincidindo cos cen anos que cumpriría Francisco Fernández del Riego, botamos a andar un blog específico que recolle traballos seus, opinións de quen o coñeceu, textos de investigación, reseñas bibliográficas e, en definitiva, todas aquelas referencias e novas relacionadas coa efeméride.
Onte, botamos a andar na rede social do facebook o perfil oficial do Centenario Francisco Fernández del Riego onde iremos verquendo todos os post do blog así como toda clase de materiais que permitirán tamén a interacción cos internautas que queiran establecer relación con ese perfil.
Sen dúbida, don Paco, para quen un dos seus lemas vitais era "hai que avanzar" estaría ben contento deste protagonismo, tamén, virtual.

Comparte nas túas redes sociais ou por email