Organizado pola Asociación Cultural para o Debate Ricardo Gómez Buceta, este venres ás 20 horas, presentarase este libro de Teresa Moure na Sala Amalia Domínguez Búa de Bueu.
"Queer-emos un mundo novo" pretende recoller a potencia subversiva da teoría "queer" para a aplicar ás categorías lingüísticas contemporáneas. "Queer" transcende calquera intento de redución, racha co binarismo ser home ou muller, de xeito que se converte nunha reivindicación dos múltiples espazos intermedios. Permite interpretar unha tradición literaria contra-poder, feita nunha nación sen estado.
Con esta obra, Teresa Moure gañou o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2011