Estás aquí:

Código: 19436

BUSCANDO A DALIA

21,50 € IVE INCLUIDO

Un novo caso de FRANK SOUTELO

Hai un cadáver cun versículo na boca e aparencia de crime ritual. Nese macabro contexto desaparece a investigadora Dalia Maxino cando traballa no caso, e Frank Soutelo pasa á acción coa axuda do sarxento da policía municipal, Franeiras, e o antigo garda civil, Poncio. Todo se complica coa aparición doutro cadáver e a sospeita de que Dalia non sexa a única muller desaparecida. A posibilidade dun asasino en serie, na contorna dunha vila con segredos e misterios inconfesables e un ambiente contaxiado pola intolerancia social, complícase con escuros intereses inmobiliarios e o comercio clandestino de moedas históricas.Tirando de prosa áxil, diálogos enxeñosos e ritmo de cine, Miguel Anxo Fernández confirma a Soutelo, coa súa oitava entrega, como un dos detectives máis sobranceiros do panorama literario galego.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 262
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 01/09/2026
Dimensións 150 x 230 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección: 540
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-623-4
Observacións:

AUTORES/AS

Fernández, Miguel Anxo
miguel anxo

(O Carballiño, 1955). Doutor en Comunicación audiovisual, investigador e teórico cinematográfico, está vencellado desde finais dos anos setenta ao desenvolvemento do audiovisual galego desde numerosas frontes, labor polo que se lle concedeu o Premio de Honra Fernando Rey no 2001. En 2012 recibiu o Premio da Cultura Galega polo seu labor a prol da creación audiovisual.

Profesor de Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo, exerce a crítica diaria de cinema e televisión en La Voz de Galicia. Entre a súa obra especializada destacan Carlos Velo. Cine e exilio (1996), As imaxes de Carlos Velo (2001, Premio Sempre en Galiza), Las imágenes de Carlos Velo (UNAM, México, 2007), A Bela Otero, pioneira do cine (2002, Premio Chano Piñeiro), Rodado en Galicia (2005), Os amigos de Chano Piñeiro (2007, ed.), Diccionario do Cine en Galicia. 1896-2008 (coord. con José Luis Cabo) (2008), Cinegalicia25 (2014, ed.), Vaca Films. Paixón polo cinema (2019, ed.), Ourense, plató de cine. Longametraxes de ficción 1926-2021. (2021).

No eido da ficción publicou en Galaxia O sabre do francés (2002), Capitol, última sesión (2004), O espido de Gina (2014), Blues para Moraima (2016, Premio Blanco Amor), participou na obra colectiva O libro dos trens (2019). Ademais é autor da serie sobre o detective Frank Soutelo, formada por Un nicho para Marilyn (2002, Premio García Barros), Luar no inferno (2006), Tres disparos e dous friames (2008), Lume de cobiza (2011), Bícame Frank (2013), Un dente sen cadáver (2016) e A conxura do sete (2022).

As súas obras

Blues para Moraima
blues-para-moraima
21.55€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.75€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
28.15€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
17.60€ CON IVE
70º norte
9788411761420
22.55€ CON IVE
900
900
22.60€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
26.10€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
21.40€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
15.90€ CON IVE